O BNG da Mariña despreza publicamente a Fraga tras a sua morte

 

   O BNG de A Mariña rexistrou mocións en sete dos oito concellos desta bisbarra –Ribadeo, Barreiros, Foz, Xove, Viveiro, Cervo e O Vicedo– para que se lle retiren as honras que se dispuxeron ao expresidente Manuel Fraga, ao ser ministro con Franco e baseándose en Lei de Memoria Histórica.

   O responsable comarcal e vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, concretou que a distinción se lle daba en 1964, cando ocupaba a carteira de Información e Turismo, co fin de que influíse ante o ditador para que a bisbarra contase cunha oficina de turismo.

   A xuízo de Veiga, todos estes concellos «deben proceder» á retirada desas honras, en cumprimento da Lei da Memoria Histórica de 2007.

   «Non é de recibo que a día de hoxe se lle recoñeza por eses méritos ao servizo do franquismo», esgrime Veiga, para quen esta moción representa «un exercicio de democracia e de aplicación da lei».

   As mocións debateranse nos próximos plenos de cada un destes sete concellos de A Mariña, salvo no de Burela.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar