O compostelán Rafael Vilar, terceiro candidato nun BNG fragmentado

Rafael Vilar, concelleiro de Santiago, será o terceiro candidato do BNG a próxima fín de semana

O concelleiro en Santiago de Compostela Rafael Vilar encabezará unha terceira lista na asemblea  do BNG que definirá a súa liña política e organizativa, así como renovará os órganos de dirección e que se celebra a próxima fin de semana. A número dous será a moza Noa Presas, que, como o edil compostelano, forma parte do actual Consello Nacional — máximo órgano de dirección entre asembleas–.

   Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Movemento Galego ao Socialismo (MGS), partido polo que concorrerá esta nova lista, a candidatura será rexistrada este luns, data en que remata o prazo para que se inscriban na asemblea as listas.

   Este partido integrado no BNG mantívose neste proceso fóra das negociacións que buscaban aglutinar unha candidatura conxunta e presentará a súa lista coa que buscarán, polo menos, repetir con eses postos no conselo.

   Non obstante, non está garantida a súa presenza na Executiva, xa que, aínda que a fórmula pola que se elixirá este órgano reitor será o de proporcionalidade, esta se terá en conta cunha porcentaxe mínima do en torno ao 10 por cento dos votos da asemblea, os cales non alcanzaron no conclave de 2009.

   Entón, uníronse na segunda volta á plataforma Alternativa pola Unidade, que auspicía a UPG, mediante a cal conseguiron un posto na Executiva, que ocupa Rafael Vilar.

   Non obstante, no proceso asambleario anterior, e baixo as siglas de Movemento pola Basee, este grupo de militantes rexeitara formar parte de Executiva.

   Desta forma, serán tres as candidaturas que se presentarán para a asemblea nacional, a que encabece Guillerme Vázquez (da plataforma promovida pola UPG) e a que lidere Xosé Manuel Beiras, da unión Encontro Irmandiño, Máis Galiza e independentes. Esas dúas listas dan apoio a Francisco Jorquera e Carlos Aymerich, respectivamente, para a súa candidatura como aspirantes á Presidencia da Xunta.

   Con todo, terán de prazo ata o propio día do plenario para comunicar alteracións ou erratas, o que permite negociar ata o último momento unha vía de consenso, a cal, en todo caso, non está previsto que aconteza, segundo as propias sensibilidades do BNG.

ASAMBLEARISMO

   Por outro lado, o MGS introduciu unha emenda nesta asemblea, ademais do seu voto particular coas súas bases programáticas e organizativas, que pide a volta ao asamblearismo, algo que, en todo caso, tamén aparece nas teses das demais sensibilidades.

   Para Movemento Galego ao Socialismo, de aprobarse esta emenda que reincorpora «a participación directa» dos afiliados do BNG no plenario, se «rematará definitivamente cunha das medidas máis polémicas e que máis dano fixeron» á formación, ao tempo que «se devolverá a soberanía» ao conxunto da afiliación.

   «Mentres que en torno a esta asemblea só se está a falar de nomes e apelidos para gañala», critica na súa páxina web este partido en alusión velada ás demais candidaturas, o MGS considera que a aprobación desta emenda, no ditame elaborado polo Consello Nacional, «demostra na práctica como deben facerse as cousas e como non se se queren solucionar os problemas que ten o BNG para que siga sendo unha ferramenta útil e de futuro».

 

 

 

GALICIA.-(AV) PSOE.- Rubalcaba, «satisfecho» con los ‘congresillos’ por el debate, pero elude hablar de ganadores en delegados

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Ene. (EUROPA PRESS) –

   El candidato ala Secretaría Generaldel PSOE, Alfredo Pérez Rubalcaba, se ha mostrado «satisfecho» tras los ‘congresillos’ provinciales por el debate abierto sobre los proyectos socialistas, ya que «este no es un Congreso –Federal– entre Carmen y Alfredo», sino «de militantes».  

   Ante la polémica por los apoyos recabados por cada candidato ala Secretaría Generalentre los delegados elegidos en los diferentes ‘congresillos’ provinciales celebrados de cara al 38 Congreso Federal que se celebrará en Sevilla –los días 3, 4 y 5 de febrero–, Rubalcaba ha eludido referirse, en un acto con militantes en Santiago de Compostela, a quién han obtenido mejores resultados en estas elecciones, sino que ha dicho estar «especialmente satisfecho» con la participación.

   «Hoy estoy especialmente satisfecho, algunos darán a mis palabras un doble sentido, lo pueden hacer si quieren, pero sobre todo porque miles de socialistas este fin de semana han estado trabajando y discutiendo qué proyecto político le vamos a presentar a los ciudadanos españoles después de nuestro congreso de febrero», ha remarcado Rubalcaba.  

   Así, ha dicho estar «orgulloso» por «cómo ha funcionado el partido en este proceso», al tiempo que ha reiterado la petición hecha a los delegados para el 38º Congreso de que: «En Sevilla no votéis contra nadie», a lo que ha añadido: «que toméis partido por el partido».

   «Éste no es un congreso entre Carmen y Alfredo», ha zanjado en el acto –tras rechazar realizar declaraciones a los medios previamente–, sino que «este es un congreso de militantes», que «han discutido sobre qué proyecto de partido quieren», sobre los que ha dicho que «al final van a decidir quién dirige al PSOE».

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar