Dez anos da morte de Camilo José Cela

A presidenta da Fundación Camilo José Cela, Marina Castaño, eloxiou este venres o «esforzo titánico» levado a cabo pola institución para a conservación e difusión do legado do Premio Nobel galego.

Así explicouno ao inicio dun acto que tivo lugar na sede da Fundación Cela en Iria Flavia e co que se pechou a conmemoración do XXV aniversario da institución e do X aniversario do falecemento de Camilo José Cela.

Ao inicio da súa intervención, Marina Castiño destacou o labor da fundación na clasificación, conservación e difusión dun legado que considerou «un dos máis ricos e completos» de España e que, antes da creación desta institución «estaba amoreado» e sen difusión.

Para evidenciar o labor da Fundación Cela, Marina Castaño recordou que, no seu tempo de vida, organizou 42 exposicións temporais, asinou 70 convenios, editou máis de 160 publicacións, facilitou o acceso a 76 investigadores e dixitalizou máis de 50.000 páxinas do arquivo de Camilo José Cela.

Finalmente, confiou en que durante os «próximos anos» a fundación siga levando a cabo o seu labor para «manter tan viva como hoxe» a figura de Camilo José Cela.

LECTURA PÚBLICA
O acto, que comezou sobre as 17.00 horas, contou coa asistencia de numeroso público, que acudiu ata o auditorio da Fundación Cela para participar na lectura pública da obra ‘A familia de Pascual Duarte’.

Esta lectura comezou cunha gravación da voz do propio Cela, á que seguiu un fragmento lido pola súa viúva, Marina Castiño. A continuación participaron na lectura varias persoas, entre elas os alcaldes de Santiago e Padrón, o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez; e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Posteriormente, os asistentes participaron nunha misa funeral polo X aniversario do falecemento de Camilo José Cela, que tivo lugar na Igrexa de Santa María de Adina e que contou coa participación do organista da Catedral de Santiago, Joaquín Barrera.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar