Rouban lotería e unha caixa forte con boletos do Euromillón en Verín

 

Unha administración de lotería da localidade ourensana de Verín rexistrou o roubo de cinco décimos de lotería para o sorteo de Reis e unha caixa forte que contiña boletos do Euromillón.

Segundo informou a Garda Civil, o día 3 foi denunciado o roubo de 359 euros en metálico, cinco décimos loterías para o sorteo de Reis e unha caixa forte que contiña boletos do Euromillón por valor 996 euros.

O roubo foi cometido ao forzar a cerradura da porta de entrada da administración de lotería. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 de Verín.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar