Os populares de Teo condenan que o alcalde os asociara cunha banda terrorista

Jose Manuel Guerra, líder do PP de Teo, asociado por Noriega coas bandas terroristas

O Partido Popular de Teo rexeita contundentemente a imputación do alcalde, o nacionalista Martiño Noriega, de tildar de “imposto revolucionario” o pedimento dos populares dun mellor reparto das adicacións exclusivas.

O voceiro da oposición, José Manuel Guerra, asegura comprender que ao grupo de goberno non lle guste a proposta “unha vez adquiridos os privilexios”, e ademáis  valora como “absolutamente desproporcionada a resposta que deu e cre que non é propia dun alcalde, cargo que esixe unha permanente compostura e mesura”.

Engade que atribuirlle ao PP o “imposto revolucionario” comparándoo directamente coas bandas terroristas e as súas históricas extorsións tan só pon de relevo que o alcalde non é digno do cargo que lle outorgou a veciñanza».

O grupo municipal do PP de Teo lembra que o inicio deste mandato, levaronse aos mesmos máis de corenta propostas en positivos coa intención de mellorar tanto a vida dos veciños coma a situación das arcas públicas, presentando un conxunto de medidas económicas de axuste entre as que se atopa a reducción da suba das taxas municipais, o que esixe, entre outras accións, a correspondente baixada de gastos no grupo de goberno.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar