O «Grelo de Ouro» para o empresario Ramiro Carregal

 

O presidente da Fundación "Amigos de Galicia", Luís Rial, entrega o premio en presencia de Feijóo

 

O presidente do grupo conservero de Ribeira Frinsa, Ramiro Carregal, recibiu hoxe o premio Grelo de Ouro, da Fundación «Amigos de Galicia», máns do presiente Feijóo, quen salientou no seu discurso que “en medio dese mar de dificultades”, en Galicia hai persoas resoltas, “en todos os sectores sociais e no empresariado galego”. “Os problemas que nos desacougan –dixo- requiren respostas novas, que non admiten marxe de error. E as medidas que se poidan adoptar serán ineficaces se non hai persoas resoltas”.

 

Segundo o presidente da Xunta, dalgún xeito, Ramiro Carregal anticipa a Galicia que queremos, “unha Galicia arbórea coas raíces na tradición e as polas dispostas a recibir a innovación e o progreso. Adiántase ao tipo de empresa que predican hoxe con insistencia os expertos, afincada en valores locais pero aberta á globalización”.

 

Feijóo concluíu subliñando que este empresario é non soamente un pioneiro do frío industrial e da comercialización de túnidos conxelados. “Non é soamente o creador hai cincuenta anos dunha empresa frutífera. Na súa peripecia vital vese o mellor libro de autoaxuda colectiva, un libro que ensina a non renderse e a confiar nas propias forzas”.

A fundación «Amigos de Galicia» chega así á vixésimoquinta edición do premio co que quere recoñecer o traballo desenvolvido por cidadáns galegos no economía e na cultura

 

 

//////////

O presidente galego, na entrega da XXV edición do premio, apuntou que actos como este revelan que «no medio dese mar de dificultades», en Galicia hai persoas resoltas en todos os sectores sociais e no no empresariado galego».

«Os problemas que nos inquietan requiren respostas novas, que non admiten marxe de erro. E as medidas que se poidan adoptar serán ineficaces se non hai persoas resoltas», sinalou

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar