Fomentar a internacionalización das empresas galegas cunha rede de mentores

A Consellería de Economía e Industria promueve a creación dunha rede de mentores en materia de internacionalización para fomentar que as empresas galegas saian a novos mercados. A ferramenta será presentada o próximo 29 de novembro nunha xornada na sé da Confederación Empresarial de Ourense (CEO).

O obxectivo, expuxo a Xunta nun comunicado, é apoiar de forma específica a proxección exterior das empresas da eurorregión mediante o respaldo altruísta de expertos neste ámbito.

Esta rede pretende aproveitar as sinergias coa rede Mentoring de Bic Galicia para difundir o labor que desenvolven os mentores. Trátase dunha iniciativa incluída no Proxecto europeo ECICII, dentro do Programa de Cooperación POCTEP Galicia-Norte de Portugal.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar