Record en 14 anos: España paga o bono a 7,08, un 30 % máis

Tal e como se prevía, o Tesouro tivo que subi-lo xuro que lle paga ós investidores por mercar débeda española.
Conseguiu colocar 3.500 millóns de euros en bonos a dez anos, pero a cambio de pagar un xuro do sete por cento. É o máis alto dos últimos catorce anos.
Ocorreu na poxa do martes e hoxe volveuse repetir. O Tesouro tivo que subir ata o sete por cento o xuro que paga pra coloca-los bonos a dez anos no mercado de débeda.
Non se pagaba un xuro tan alto dende 1997. Representa unha suba do 30 por cento con respecto á anterior subasta de títulos a dez anos, a mediados de outubro.
Trala poxa, a prima de risco, que xa estaba disparada, acadou un novo récord. Chegou a toca-los cincocentos puntos básicos, o nivel máis alto dende a creacion do euro.

ZONA EURO

En xeral tódolos países da zona euro están vendo como as súas primas de risco soben de xeito desbocado. Italia non dá baixado dos 530 puntos de diferencial co bono alemán a dez anos. E Francia tamén está nun nivel récord, cruzou a barreira dos 200 puntos básicos.
Outros países que acusan as dúbidas sobre a viabilidade da zona euro son Bélxica e Austria, cuxas primas de risco soben ata 300 e os 200 puntos básicos respectivamente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar