Feijóo en Santiago: «Un Goberno do PP que nos acompañe»

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que Galicia non pode seguir sóa fronte ás dificultades e propuxo «un Goberno do PP que a acompañe para poder avanzar».

Así se expresaba o líder do PPdeG nun mitin en Santiago de Compostela, onde apuntou que durante estes dous últimos anos e medio, Galicia ten aguantado o 22% de paro de España, con cinco puntos menos que supoñerían un millón máis de españois traballando, e ten aguantado a irresponsabilidade de empregar o diñeiro público coma un saco sen fondo incrementado o déficit ata niveis inasumibles, posto que a Xunta equilibra as contas.

 

Así mesmo, en Galicia aguantou os buratos económicos herdados, con sacrificio pero con moita responsabilidade, acadando que esta Comunidade acadara un balance de PIB anual superior ao do Estado; e tamén ao descrédito internacional de España, situándose como unha das Comunidades máis solventes e mellor valoradas.

Do mesmo xeito, os populares na Xunta aguantaron os incumprimentos do Goberno coa Lei da Dependencia, e triplicaron o número de dependentes atendidos, e tamén aguantaron os incumprimentos do Goberno co financiamento autonómico, abrindo e construíndo novos centros de saúde pública, reformando hospitais públicos, abrindo e construíndo novos hospitais públicos, contando por miles as novas prazas públicas de escola infantil ou de centros de atención social e residencia.

Como resaltou o dirixente popular, Galicia aguantou pero este Goberno xa non se soporta máis. Nesta liña, destacou que Galicia non ten por qué seguir sóa neste camiño de enfrontarse á crise e ás dificultades económicas, nin merece seguir soa no camiño da responsabilidade e do compromiso cos galegos.

Así, engadiu que Galicia, se así o desexa, non vai seguir sóa porque terá un Goberno de España ao seu carón. Con respecto a isto, apuntou que pode haber un Goberno presidido por un galego que sempre ten estado en Galicia e con Galicia e para iso Galicia ten que estar con el o próximo 20 de novembro votando.

 

RAJOY E GALICIA

Segundo o dirixente popular, votando ao PP, os gandeiros xa non se sentirán sós en Bruxelas, soamente acompañados pola Xunta porque haberá un Presidente que se ten comprometido explicitamente con eles e explícitamente con que perciban unha remuneración xusta para o seu traballo.

Así mesmo, os traballadores do sector pesqueiro e marisqueiro, xa non se sentirán sos.porque haberá un Presidente que se ten comprometido explicitamente con eles a acompañar á Xunta na defensa dos seus intereses; e as familias que viven do naval xa non se sentirán soas ante a desidia e a incompetencia deste Goberno porque haberá un Presidente que, como a Xunta de Galicia, cre que este sector é prioritario, é clave, ten capacidade para traballar e merece todas as xestións posibles para que poida traballar.

Do mesmo xeito, votando ao Partido Popular, os galegos xa non temos porque sentirnos sós porque na Moncloa haberá un Presidente comprometido con esta terra, que vai dicir a verdade, que cumprirá e que ten nos proxectos inxustamente demorados- como o AVE- na axenda das súas prioridades.

Así, os intereses dos cidadáns que viven do sector gandeiro, do sector rural e do sector naval; e o AVE a Galicia non só xa están na lista de tareas prioritarias das próximas ministras ou ministros senón que tamén o estarán no Consello de Ministros e serán impulsados e defendidos polo Presidente do Goberno.

O SENTIDO COMÚN

O dirixente popular apuntou que España e Galicia precisan do sentido común de Mariano Rajoy e dun Goberno que non empregue os fondos públicos sen criterio e sen límites, crea nos emprendedores, devolva a confianza e a estabilidade a este país e crea nos nosos mozos e empece por facelo na escola, na formación profesional e na Universidade.

Fai falla tamén, na opinión de Feijóo, un Goberno que sexa o compromiso continuo con Galicia, como onte se comprometeu o Presidente Rajoy, e que supoña paro, déficit e incumprimento; senón emprego, emprego e emprego.

Así mesmo, como afirmou Feijóo, as consecuencias do paso polo Goberno dos socialistas vanas a borrar os españois cos seus votos e o Partido Popular cunha xestión responsable e eficaz durante os próximos catro anos de Goberno.

Nesta liña, lembrou que estamos só a catro días de poñer fin á política que nos trouxo ata aquí e abrir unha nova etapa e os españois, que queren e precisan dun cambio, teñen que expresalo nas urnas o próximo domingo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar