Para Feijóo, «en España nunca houbo tanto benestar coma co PP»

O presidente do PPdeG e titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou este luns que «en España nunca houbo tanto benestar coma co PP, nin tanto malestar como co PSOE», e lamentou que o Estado de Benestar se resentira polas políticas socialistas no actual contexto de crise.

Nun almorzo informativo organizado por Nova Economía Forum, e no que Feijóo presentou á candidata Ana Pastor, o presidente do PP galego subliñou que «é bastante revelador que o PSOE legase as dúas grandes crises da democracia», e ironizou co feito de que os socialistas «cuestionan o compromiso do PP sen ruborizarse».
Núñez Feijóo contrapuxo a resposta socialista á crise coas medidas adoptadas pola Xunta, e defendeu que o Goberno galego mantivo e aumentado as achegas a políticas sociais, como o caso dos dependentes. «Sento esperanzado porque creo que as cousas se poden facer ben», sinalou.
«POLÍTICAS EFICACES»
O presidente galego destacou que os populares promoven «políticas eficaces e con programas factibles», unhas políticas que se van aplicar en España «a partir do 21 de novembro».
«Será unha política nova pero non novidosa», apuntou Feijóo, quen recordou que os populares chegaron ao goberno estatal en 1996 e xa tiveron que afrontar «un grande burato económico» en cuestións como as pensións.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar