Recupéranse os encoros galegos

Os encoros galegos sumaron outros 27 hectómetros cúbicos de auga fronte aos niveis rexistrados a semana pasada, segundo os datos facilitados este martes polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino (MARM).

En concreto, a cunca Galicia Costa pasou dos 302 hectómetros cúbicos de auga embalsada da semana anterior a 307, o que supón cinco máis; mentres que a Miño-Sil subiu dos 1.518 a 1.540, polo que gañou 22 hectómetros cúbicos.

Deste modo, segundo os rexistros do MARM, a cunca Galicia Costa sitúase ao 44,9 por cento da súa capacidade, mentres que a Miño-Sil está ao 50,8 por cento.

   En total, a reserva hidráulica española está ao 60,7 por cento da súa capacidade total e actualmente hai 33.726 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o que representa un aumento durante este período de 694 hectómetros cúbicos –o 1,2 por cento– con respecto aos niveis da semana anterior.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar