«Pomóvil»: 25 marcas de automóbil nun mesmo recinto

  • Pomóvil acollerá modelos de 25 marcas de automóbiles na XIV edición que arrinca este venres
  • Haberá unha cita co vehículo novo e outra para coche de ocasión

.A Cámara de Comercio de Pontevedra destacou que a XIV edición da Feira do Automóbil de Pontevedra, Pomóvil, que comezará este venres, chega «no momento máis crítico para o sector».

O presidente da entidade cameral organizadora do evento, Francisco Moldes, lembrou na presentación de Pomóvil que na provincia de Pontevedra o pasado mes de outubro só se matricularon 850 coches, caendo as vendas en case un 20 por cento con respecto ao mesmo período do pasado ano.

Segundo explicaron os organizadores, seguindo o guión doutros anos, o salón terá dúas citas, a primeira dedicada ao vehículo novo que arrincará este venres 11 e pecha o domingo 13, e a segunda dedicada ao coche de ocasión.

Segundo comentou Moldes, na feira participarán 25 marcas: Mini, BMW, Mitsubishi, Ssangyong, Subaru, Tata, Cadillac, Hummer, Corvet, Nissan, Audi, Volkswagen, Peugeot, Dacia, Hyundai, Renault, Toyota, Lancia, Chrysler, Aixam, Alfa Romeo, Kia, Mazda e Opel.

Por parte da organización de Pomóvil, Manuel Cabada, afirmou que esta feira se presenta como «unha gran oportunidade para aforrar tempo e ver o amplo abanico de posibilidades que ofrecen os concesionarios concentrados nun só espazo», e «aínda que non haberá grandes figuras de coches si que o comprador en potencia pode atopar moita variedade», engadiu.

Con ocasión deste evento celebrarase o Primeiro Campionato Galego de Formula 1 do PS3 e será a terceira edición para o Campionato Galego de Aparcadoiro. A entrada custará tres euros adultos e un euro os nenos.

Leste mesmo prezo dun euro será o que custe a entrada xeral do Salón do vehículo usado ou de ocasión que se celebrará o fin de semana do 18 ao 20 de novembro.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar