Santiago está de moda na Compostela Fashion Night

 

A primeira Compostela Fashion Night celébrarase hoxe  entre as 20.30 e as 24.00 horas. Setenta e tres tendas da cidade abrirán as súas portas ao público neste horario pouco habitual, nunha xornada de compras nocturnas, na que cada establecemento decidiu unha promoción ou actividade específica, que van dende descontos ata degustacións, co obxecto de presentar os seus productos e incentivar as vendas.

A Compostela Fashion Night, patrocinada pola Concellería de Comercion e coa colaboración de Acotés, Compostela Monumental e Santiago Centro, é o xeito de unir a moda galega e o comercio compostelán a través da plataforma de promoción que é a Galicia Fashion Week. Trátase ademais dunha acción que ten coma un obxectivo concreto dinamizar o comercio da cidade, permitindo que teña maior coñecemento entre os propios composteláns e galegos e incentivar as ventas.

A Galicia Fashion Week, que se celebra no Hostal dos Reis Católicos entre o 1 e o 7 de novembro, cun amplo abano de desfiles e exposicións. Pese a súa xuventude, o evento tense consolidado como a plataforma para a presentación das últimas tendencias de autor dos sectores da moda e dos complementos de Galicia. Nesta edición participan 35 deseñadores galegos.

A información coas tendas participantes e a súas accións concretas pode consultarse en:
www.fashionnightsantiagodecompostela.com

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar