As mulleres, protagonistas no Festival Internacional de Cine Amal

Chegado o ecuador da semana do Festival Internacional de Cine Amal, a organización valora moi positivamente a resposta do público galego, nacional e internacional. Nenos, non tan nenos, maiores, máis maiores… galegos, ingleses, alemáns, árabes ou franceses. Para todos estanse celebrando actividades e proxectando películas.

Ademais das proxeccións habituais, para éste xoves destacan dous pratos fortes. Por unha banda, está en Santiago unha das produtoras de «Son of Babylon», cinta de 90 minutos dirixida por Mohamed Ao-Daradji, que se estreou este mes nos cines españois. A proxección será ás 22,00 h da noite e, ao seu fin, todos os asistentes poderán manter un coloquio cunha das súas produtoras.

Ademais, a Galería Caroní (Rúa do Vilar, 21) será o escenario de celebración dun coloquio conducido por mulleres e centrado no papel da muller no mundo árabe. Ana Staton, Directora da Fundación Araguaney será a condutora do coloquio. Unha cita na que se reunirán Andreas Horvath, co-directora de ?Atracción Árabe?, Yasmine Ao Massri, presidenta do xurado; Emma Lustres, membro do xurado; Chelo Loureiro, delegada de CIMA Galicia; Francisca Pleguezuelos, Dra. Fundación Legado Andalusí e Rosa Oubiña Solla, Portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Popular na Xunta.

En cada proxección os espectadores poden votar do 1 ao 5 segundo o grao de satisfacción obtido logo de ver a película. Nas proxeccións de onte pola tarde, o público valorou moi positivamente «This is my land, Hebrón», de Giulia Amati e Stephen Natanson. Este último estivo en Santiago e mantivo un coloquio co publico da súa película.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar