O BNG reclama presencia nos debates televisivos

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reclamou en rolda de prensa un debate na TVG dos líderes das tres forzas políticas galegas, e preguntouse “¿cal é o medo a debater?”.

“O responsable político de que non haxa debate a tres é o señor Núñez Feijóo e o Partido Popular que trata de evitar por todos os medios que os cidadáns galegos coñezan alternativas diferentes ás que eles plantexan”, dixo o portavoz nacional.O líder nacionalista insistiu na importancia de ofrecer información “de vías que os cidadáns poidan coñecer e os medios públicos teñen a obriga de facilitar o coñecemento das distintas alternativas políticas”.

Guillerme quixo lembrar que “hai antecedentes de debates a tres das forzas políticas galegas no ano 2007, nas municipais e nas xerais de 2008” polo que criticou a cobertura de campaña da TVG “sen debates, na programación de ámbito galego, entre as tres forzas políticas galegas con representación no Congreso ou no Senado”.

“Emprazo ao señor Núñez Feijóo a permitir unha información plural e libre”, afirmou. “Feijóo ten que explicar por que acudiu aos debates de 2007 e 2008 e agora se nega a debater”, engadiu.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar