138 condutores superaron a taxa de alcoholemia nunha semana en Pontevedra

A Garda Civil de Tráfico de Pontevedra detectou na pasada semana, entre os días 17 e 23 de outubro, a un total de 138 condutores que circulaban por estradas da provincia superando a taxa permitida de alcoholemia.

Segundo informa o Instituto Armado, 23 deses 138 condutores foron postos a disposición xudicial, por un suposto delito. Ademais, outras 16 persoas foron postas a disposición do xuíz, unhas por circular a pesar de perder todos os puntos e outras por carecer de permiso de condución.

Ao longo desa semana, a Garda Civil tamén realizou cinco probas co detector de drogas, das cales tres foron positivas. Dous delas fórono por cannabis e outra por opiáceos. Ao tres condutores foilles confeccionada a correspondente denuncia.

Finalmente, entre o 17 e o 23 de outubro tamén se desenvolveu unha campaña de vixilancia de vías secundarias programada pola DXT e no marco da cal se formularon 496 denuncias. As infraccións máis comúns foron as de exceso de velocidade –218 casos– seguida do non uso de cinto de seguridade –55 casos–.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar