Portugal implanta 4 autoestradas máis de pago

A piques de cumprirse un ano desde que Portugal introduciu peaxes en tres das súas autovías, os datos do primeiro semestre de 2011 reflicten unha diminución do tráfico nesas vías de entre un 26 e un 46%. A crise levou ao Goberno portugués a implantar máis peaxes e a converter xa outras catro autoestradas en vías de pago.

A aparición das peaxes o pasado ano motivou unha queixa oficial ante a Comisión Europea por parte dos empresarios galegos na que denunciaban as bonificacións que gozan os cidadáns lusos, o que na súa opinión supón unha discriminación e atenta contra o dereito de libre circulación de persoas e bens.

Usuarios lusos e españois, transportistas e empresarios do sector turístico oponse frontalmente á introdución de peaxes nas chamadas “Scut” -acrónimo portugués de “sen custo para o usuario”-, que convocaron xa varias protestas en diferentes puntos do país para mostrar o rexeitamento á medida.

A autoestrada Norte Literal (A28), que conecta con Galicia, perdeu case 9.000 vehículos diariamente ata situarse nunha media de 24.602, un 26 por cento menos que entre xaneiro e xuño de 2010.

Este descenso, segundo cálculos dos medios portugueses, suporá unha diminución notable dos ingresos previstos pola compañía estatal “Estradas de Portugal”.

O Goberno luso, mantense na necesidade de aplicar as peaxes debido ao elevado nivel de débeda desa empresa pública, que sen a conversión das vías afectadas en autoestradas de peaxe podería aumentar en 10.000 millóns de euros, ata situarse en 30.000 millóns de euros, en 2030.

A curto prazo o Goberno introducirá peaxes na autovía A-22 (que atravesa o Algarve e conecta con Andalucía), a A-23 (Alentejo), a A-24 (fronteiriza con Galicia) e a A-25 (que limita coa provincia de Salamanca), que tivo un tráfico “Scut” de 47.000 vehículos só no més de xuño.

O método de cobro da peaxe nas antigas “Scut” converteuse tamén en fonte de queixas, ao ser un sistema de detección electrónica de vehículos, sen cabinas nin máquinas automáticas para cobrar en metálico ou con cartóns de crédito, o cal supón unha complexidade engadida para os usuarios estranxeiros.

Segundo o  Inir, os vehículos con matrícula foránea “poden utilizar un dispositivo electrónico ou acollerse a unha modalidade simplificada de pre-pago”, xa que o cobro a posteriori “non está dispoñible” para eles a diferenza dos vehículos nacionais.

Portugal recomenda a quen viaxen polo país durante menos de cinco días que compren a través de Internet cartóns pre-pago de 10 a 20 euros, segundo o tempo e os traxectos previstos.

Para estancias de tres a catro semanas, aconsella o aluguer dun dispositivo electrónico, dispoñible en estacións de servizo a cambio dunha fianza de 27,5 euros e asociado a un cartón de crédito.

Este sistema ten un custo de seis euros polo sete primeiros días e de 1,5 euros por cada semana engadida.

Portugal suxire aos usuarios habituais desas autoestradas a compra do dispositivo tamén por 27 euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar