Ciclo de outono do Compostela Organum Festival

O ciclo de outono do Compostela Organum Festival, organizado polo Consorcio de Santiago, dará comezo este sábado día 8 e ofrecerá unha serie de catro concertos que se celebrarán durante todo o mes en diversas igrexas da capital galega.

En concreto, o ciclo abrirase este sábado ás 20.30 horas na Igrexa da Universidade cun concerto a cargo da formación Tasto Só –composta polo organista Guillermo Pérez e David Catalunya– titulado ‘Vos menestrales de teclado na corte de Juan I de Aragón’.

O segundo concerto terá lugar o domingo día 16 na Igrexa de San Paio de Antealtares, onde o grupo Ars Combinatoria, baixo a dirección de Canco López, interpretará un repertorio baseado en cantatas de Bach. 

   A semana de concertos continuará na Catedral de Santiago, onde o sábado día 22 ás 21.00 horas o organista Gianluca Libertucci interpretará pezas de Bach, Liszt e Franck.

   Para concluír o ciclo de outono, o sábado día 29, ás 20.30 horas, a Igrexa da Universidade acollerá o concerto ‘Glosas, danzas e variacións’, a cargo do organista Norbert Petry.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar