Aprecio aos iguais

ELA tiña un can na casa. Era un cadeliño pequeno, dos que son lonxevos, amorosos e pouco ruidosos. Era un pomerania ou un pequinés dos pequeniños, intelixente e de moito agrado para os pequenos da casa. Todos xogaban xuntos, durmían xuntos e comían da mesma comida, como se fosa a felicidade total, en compañía e […]

Detrás dunha nube negra

FOI IMPRESIONANTE e sorprendente a actitude daquel home que limpaba a muralla de Lugo. Daba xenio velo, ía coa vasoira e o recolledor correndo detrás da follas, limpando o que outros ensuciaban, correndo apuradamente para chegar e baleirar a recolecta na esterqueira da esquina, alí onde as miñocas medran e crean vida de forma natural. Indiscutiblemente […]

Idiota

Moitos pensarían que era imposible atopar nas máis altas esferas do poder xente con idiocia, pero ante a evidencia calan, sofren, aguantan o tirón e calan. Disimulan como poden, encobren a situación con vergoña e agardan tempos mellores, sen saber se chegarán. E, todo chega. Veñen agarradas da man, suxeitas pola ignorancia, a arrogancia, a […]

O camiño da humildade

Foise, coa súa maleta medio baleira, para onde estaba a Carmiña da Rodeira, unha amiga cuns meses de traballo na casa duns ricos venezolanos que vivían preto da praza Bolívar, no mesmo centro histórico de Caracas. Non tiña certeza de nada, despois de cruzar Galicia dende o nacente ao poñente, chegou a Vigo xa mareada, […]

A forza do país

A forza do país está na Universidade, na formación, na investigación, na docencia e no reparto do coñecemento, como un dos importantes bens sociais, un dos motores principais para acadar a igualdade e a solidariedade entre os homes e as mulleres do mundo mundial. A riqueza dun país e das súas xentes está directamente proporcionada […]

Alianza

Sería bonito e gratificante esquecerse dos efectos malignos dos virus que corroen a alma dos pobos, o corazón da xente, dos vivos e dos que morren, dos que sofren e dos que non teñen máis nin outro remedio. Sería bonito, pero a maioría das veces, hai que conformarse coa retirada, coa ausencia, co reproche e […]

A riqueza dos humildes

DO PASADO e do vivido, da experiencia e o apalpado queda o que queda, pouca cousa ou unha inmensidade, segundo se queira, segundo a percepción de cadaquén. Despois dos avatares e das vicisitudes da cada día, de cada mañá e da cada tarde, hai quen pensa que só queda a ilusión e a esperanza. Un […]

Todo igual

Se todo cambia, aínda que non estea ben visto, tamén se pode cambiar de opinión, ou non? Incluso, hai políticos que defenden con fervor e moito entusiasmo o cambio de chaqueta, como facía Modesto de Requeixo, mesmo despois das primeiras eleccións autonómicas que lle deron a presidencia da Xunta a Xerardo Fernández Albor. “Cando se […]

O normal é o principal

FALAN e falan e falan, sen calar nunca e sen dicir nada. Son profesionais da política, armadanzas que pasan boa parte da vida sen escoitar aos outros, sen mirar para os outros, sen interesarse por nada. Son como son, incluso, en moitos casos e circunstancias, malvados e malvadas, facedoras de mal sabéndoo, pérfidas. Moitas destas […]

Felices novidades!

Os discursos dos políticos son moi malos de entender. Hai quen pensa que están feitos para que non se comprendan, para non dicir nada, para dicir unha cousa e facer outra: a contraria, por exemplo. Falamos dos políticos e poderíamos falar das políticas, das que andan buscando a vida e o salario de alto nivel, […]