Helena

  Nese día imposto pola norma electoral como Día de Reflexión, en Rianxo, o pasado sábado, 25 deste mes de xuño, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que preside o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, tributoulle á escritora Helena Villar Janeiro unha grande homenaxe, entregoulle a Letra E de 2016 e emocionouna, xusto corenta […]

Medallas Castelao

As Medallas Castelao deste ano déronse a coñecer recentemente e a escolla dos galardoados constitúe un acerto. Tres persoas relevantes nos eidos da cultura, da arquitectura e da enxeñería, Alfredo Conde, Xerardo Estévez e Xosé Antonio Vilaboa foron nomeados polo Consello da Xunta para seren exemplo do bo facer, xunto coa científica María Teresa Miras […]

Don Pablo

Se os políticos doutros tempos levantaran a cabeza, ao ver actuar aos de agora, morrerían de xenreira, de zuna ou, seguramente, quedarían tocados pola rabia ao ver como andan as cousas. Os que están con verdadeiro fastío son os socialistas. Agora, Pablo Iglesias non é o que eles querían, o de sempre; é un mozo […]

A igualdade necesaria

Ninguen podería imaxinar que nos tempos que corren, xa no comezo avanzado do século XXI, teríamos no noso arredor riscos de exclusión social, o peor mal que se lle pode presentar a unha sociedade normalizada e, aparentemente, en evolución cara a mellor. E, con todo, a principios deste mes de xuño, o informe anual Análise […]

Preparados para resistir

Nos últimos tempos estáselle dando voltas a unha serie de conceptos que parecen claramente revolucionarios e que fan que o mundo perda sentido para moitas daquelas persoas que se resistían aos cambios sociais e tecnolóxicos. Cambios que se están producindo e que, coa súa velocidade vertixinosa, avanzan e provocan nun instante, no sistema social mundial, […]

Pendurados do teléfono

Aoitava edición do Informe Anual “La Sociedad en Red”, de setembro de 2015 e con datos correspondentes a 2014, detalla varios aspectos relacionados coa evolución da Sociedade da Información, baseándose en indicadores económicos e de uso das tecnoloxías e servizos. Segundo este informe, o 95,5% dos individuos entre 16 e 74 anos usan o teléfono […]

Na memoria colectiva

É manífica, é guía, é interesante e ilustra o que é Galicia, a través de cen obxectos que están en permanente diálogo e que van contando o que fomos e o que probablemente seremos, se non vén o demo remedialo. É Galicia cen obxectos, unha exposición organizada polo Consello da Cultura Galega, comisariada por Manuel […]

No esquecemento

Impresionan e gustan ás persoas que as descobren, que as ven e miran para elas cos ollos, co corazón e coa mente. Coa mente liberada de maldades e co corazón arrogante chorreando amor á arte, ao debuxo ben feito, ás caricaturas que falan cargadas de mensaxe e de memoria, como as do artista galego Xosé […]

Cadaquén, polo seu camiño

O primeiro de maio, o domingo pasado, foi o Día da Mai e o Día da clase traballadora. Xuntáronse dúas conmemoracións ben parecidas e diferentes ao mesmo tempo. Foi o Día da Mai dos traballadores, dos amigos, de todos os que constitúen o grupo numeroso da boa xente, dos políticos, dos adáns e baldroeiros, o […]

Cruce de camiños

   Onde se cruzaban camiños, os nosos devanceiros construían cruceiros, magníficas obras de arte e pedra que anunciaban por Galicia adiante que algo pasaba ou pasaría. Segundo os expertos, non hai concreción sobre a súa orixe, pero hai respecto ao que son, ao que foron, ao que significaron e significan. A Real Academia Galega di […]