O leite da leiteira

Sempre se dixo que o leite era un alimento básico para os máis pequenos e para os outros. Para facer unha dieta equilibrada e sa, segundo os expertos, era conveniente tomar leite con certa abundancia. Entendíase que este produto achegaba varios nutrientes necesarios para o correcto e adecuado medrar dos ósos e para que o […]

Un mundo ao revés

Soñaba cun mundo novo e foi correndo ao aeroporto máis próximo, a uns 25 km. de onde vivía. Vivía nunha casa modesta, especialmente pequena e pintada por dentro e por fóra de cor augamariña. Augamariña toda ela. Era unha casa ben situada, no centro mesmo da cidade engrandecida polo ruído diario dos turistas estranxeiros, dos […]

A gripe, cada ano

Anda a gripe como se fose andazo. Vai polas casas metendo á xente na cama, vén cada ano dando que falar e producindo un enorme gasto aos sistemas sanitarios, desenvolvéndose demasiadas veces en pneumonía mortal. A taxa global de incidencia acumulada de gripe, na temporada 2014-2015, foi de 2.366,93 casos por 100.000 habitantes. Os expertos […]

O can terá a palabra

Din que o can é o mellor amigo do home e seguramente sexa certo en tódolos casos ou na maioría deles. Son amigos e acaban parecéndose, con trazos e xestos semellantes, con comportamentos case iguais e, ata agora, con diferentes formas de vida, aínda que nos mesmos espazos. Os científicos din que os caninos teñen […]

Un mundo enteiro

Anda polos papeis e por múltiples páxinas de internet unha listaxe cos países máis pequenos do mundo. Cada un deles ten poucos habitantes, pouca extensión e unha enorme ou, cando menos, importante renda por cabeza, é dicir, unha estupenda re- lación entre o PIB e o número de habitantes. Son países que semellan paraísos. Teñen […]

Tempos de carnaval

O pasado 24 foi Domingo Lambedorio no Entroido Ribeirao de Chantada. Tamén lle chaman domingo fareleiro ou borralleiro, pola tradición de ensuciar uns aos outros, con fariña, con borralla ou co que se poida. O mesmo día, en Xinzo, o Petardazo resoou nos ouvidos dos ourensáns todos. Estamos en tempos de Entroido, coa festa estendida […]

O bebé non ten culpa

Nos anos pasados, moitas mulleres, sobre todo aquelas que eran nais tardías, levaban os nenos, ao mes de nacer, con elas para o traballo, para a leira, para a horta, para a restreba, para o monte a onde ían gardar as vacas ou, cando as crianzas tiñan máis tempo, se era o caso, a nai […]

Para orgullo de nós

A prensa galega deu conta estes días do cuarto cabodano de Isaac Díaz Pardo e do acto que se celebrou ao carón da súa tumba, no cemiterio compostelá de Boisaca, onde repousan tamén ilustres intelectuais, homes e mulleres do pobo, empresarios capitalistas, profesores, periodistas e escritores, pintores, ebanistas, funcionarios, traballadores e cregos de negro ou […]

Fungos e bacterias

Pousaron a man dunha nena de seis anos nunha placa de cultivo e, nun par de días de incubación da pegada, xa se observaba o crecemento de importantes colonias de fungos e unha grande diversidade de colonias de bacterias en distintas formas, tonalidades e cores. Apalpábase e víase con claridade a evidencia da conveniencia de […]

Sen ningún resentimento

Estaba enfadado e ela, enfadada. E, non sabían a razón pola que tanto se enfurruñaran. Déronlle voltas e voltas ao misterio e acabaron pensando na retirada, sabendo que unha retirada a tempo é unha vitoria. Logo, ao retiraren cadanseu enfado, eran dúas vitorias. Dúas vitorias de dúas persoas amigas, unha enorme vitoria, en definitiva, como […]