Senlleiras

Antonio Rigueiro, catedrático de Produción Vexetal da Universidade de Santiago, en Lugo, e natural do concello do Incio, pronunciou a lección inaugural do Curso Académico 2015-2016, no Salón Nobre de Fonseca, coa que marabillou e embobou á audiencia. Unha audiencia nutrida de autoridades, profesores, universitarios de tódolos colectivos e cidadáns expectantes fronte aquel parlamento sobre […]

Sen medios e sen dereitos

Marcharon por milleiros para América e moitos non volveron, morreron como morren os humildes e enterráronos lonxe, en silencio, todos caladiños e, se acaso, chorando con saloucos de amargura, coa tristeza cravada no peito e na testa. Os galegos fomos e somos emigrantes, temos unha enorme experiencia en señardade, temos mundo de traballadores e de […]

Táboa rasa

Morreu cando xa estaba morta de dor, de pena e de aflición. Varios estudos, entre eles os da Sociedade Americana do Cancro, din que os homes son máis propensos a sufrir esta doenza que as mulleres, pero a amiga tocoulle e alá vai. Está apousentada onde moran, en igualdade de condicións, tódalas células mortas, sexan […]

Paciencia e unión

Se levantase a cabeza un dos labregos galegos da fouce e fouciño, non podería entender o que lles está pasando aos paisanos, aos tractorizados labregos que traballan coma el facía, de noite e de día. Os de hoxe, quizais menos labregos do que foron os seus pais e avós, teñen igual ca eles a sensación […]

Na loita contra o mal

Moito me gustaría que vivíramos nun mundo en paz, nunha cidade, nun país, nun lugar onde non se falara de guerra, no que non existirán as armas que se fabrican ou constrúen para matar aos iguais, onde os homes e as mulleres fosen libres para actuar, facer e pensar. En Galicia estamos de noraboa. Ao […]

Tristeza total

Unha das grandes cuestións que debe tratarse en Galicia é a orixe da perda galopante de poboación. Hai que poñer remedio a ese fenómeno tan destrutivo que nos deixa sen posibilidades, que nos arrasa e devasta o país, sen identificar aos causantes do mal. Cada día máis mal, peor, infinitamente peor cada vez que o […]

Maldito Demo!

Saíu do taller, para ir a recoller á muller e ao fillo. Mesmo ao incorporarse á estrada principal, os motoristas multárono, por non facer stop, por xirar á dereita sen poñer a intermitente e por ir falando co teléfono. Decontado chegou á casa. A muller sentou adiante, co gato no colo, e detrás colocaron ao […]

1 11 12 13