Conversas con Manuel María

Dende que se traspasan as cancelas do Trasmundo, a memoria de quen pon pé na Ultratumba pasa a ser propiedade de todo deus para uso e abuso. Pálidas e atoutiñantes lámpadas dos devanceiros, ringleira da Santa Compaña aínda en longas noites sen luz de alba. Así pasou con Homero, co Che, con Castelao, con Rosalía, […]

O patrimonio cultural do deporte

Dende 1983 cada xornada do 18 de abril está dedicada polo Icomos (Consello Internacional dos Monumentos, Unesco) como Día Internacional dos Monumentos e dos Sitios, neste 2016 ao Patrimonio cultural do deporte. Así é que o tema implica dende o piolet da montañeira viguesa Chus Lago (1964) pasando pola camiseta do triatleta de Ordes Ivan […]

O “casco” de ouro de Leiro, Rianxo

O gran fabulador bonaerense, Mujica Lainez é o autor do Escaravello (1992) novela na que unha pedra de lapislazuli, que formou parte dun anel de Nefertari, conta o que “viu” dende a época de Ranses II até hoxe. Como a que puidera contar a cunca ou casco atopado en Leiro de Rianxo e dende o […]

1 de abril, Día das Artes Galegas: 2016, Castelao

No ano da Encarnación do 1188, da era 1126, no día nas calendas de abril, os linteis dos pórticos principais da Igrexa de Santiago foron asentados polo Mestre Mateo, que executou as obras dende os seus fundamentos”. Así consta, labrado, baixo os linteis do Pórtico da Gloria. Día pois pra celebrar, e así o fai […]

Os misterios de Fisterra: Semana Santa

Seguidores de Francisco de Assís e dominicos como Vicente Ferrer teimaban en converter os confíns do mundo nun inmenso Calvario. Galiza e con ela as Fisterras célticas, as dos cultos pagáns aos montes, ás pedras, ás covas, ás fontes, aos bosques antigos, prestáronse e inzáronse de artísticos cruceiros. Monumentos hoxe diana de todos os tipos […]

A ordinaria erótica do poder

Ordinario e erótico semellan conceptos contraditorios, tanto así como groseiro e sensual. Pero conviven, visto o que se ve neste tempo de anódinos xestos. Gran espectáculo no que todo se manufactura e chega á rúa e aos hemiciclos. Semella que ambas as dúas ideas conxúganse en quen ten poder. Ordinario e erótico resultan relucentes virtudes […]

Umberto Eco… Ecooooo)))))

Cada ser humano é unha estrela mais nun esfaragullado cosmos de galaxias, Vida a acenderse e apagarse na noite eterna e infinda dos abismos cósmicos da Morte. Movémonos entre eses dous cabos, mitos e ritos de acción-destrución. Pois velaí outra mala nova con reverberante eco terráqueo neste venres coresmal, 19 de febreiro do 2016: a […]

Museo Ibérico da Máscara e do Traxe

Para atopar esa outra parte do orixinario e orixinal Nós galaico, na Arqueoloxía, na Historia, na Etnografía, en fin, na Cultura, á forza teremos que movernos entre a raia seca da Asturicense, Lucense e Bracarense, e enxergar. Neste tempo de Entroido, cando se lle da renda solta ao instinto singular, faremos parada e fonda nese […]

José Ramón e a Cidade Vella da Coruña

O espírito síntese imantado e condúcenos instintivamente a lugares tamén con espírito, nos que habita un xenio ou unha fada engaiolante, eses Montmartre. Acrópoles con vistas, nos que se acumula por estratos a Historia e se abren tabernas pra inspirarse, cantar e contar sobre o divino e o humano. Barrios das cidades que quedaron fora […]

Enredarse entre a filigrana de Lisboa

Toda viaxe feita a Lisboa debe encetar como si se tratara dunha nova odisea ou ascese. Dispostos a subir e baixar, virar, a furar entre a súa filigrana, a fiar e desfíar luces e sombras do seu barroco, polas xeometrías clásicas, masónicas, entre o mestizaxe máis puro. Velaí a maxia dunha cidade engaiolante, sempre descoñecida, […]