Polo San Brais máis día verás

Na Galiza as devocións a santos e a santas están dabondo equilibradas. Atopamos as referidas ás distintas advocacións da Virxe, dos Milagres, dos Remedios, do Socorro, do Carme, a Candelaria… sumando as consideradas milagreiras de por aquí ou acolá, tamén a Santa Mariña, Santa Rita, Santa Lucía… Virxes e santas que reparten devoción con santiños […]

O patrimonio cultural do pan galego

Os días de xaneiro van medrando en luz, devece a noite, estoupan en marelo as mimosas, abrollan os alecríns do toxo, a paisaxe vístese de cores e volven os nubeiros de paxaros… Bos agoiros, anuncios de que tras a invernía asoma esa primavera que o sangue altera. Prepárase entón o Entroido e cada parroquia saca […]

En terra e tempo bretemoso dos suevos

Ourense ben vale unha e máis visitas. Auria, que non mexeriqueira Vetusta, é cerna da Xeración Nós, dos Artistiñas, de literatos, músicos, modistas… onde atopar o espírito de Galiza, mellor neste inverno do 2018, cando se abren portas á mostra In tempore sueborum… Na Galiza, e de xeito especial en Ourense, sempre quedou algo prendido dos […]

“Andar ás xaneiras”, cousa de gatos e agoiros…

Vento, chuviñar e a lúa pódolle puntilla tráxica ás tebras. Por algures, na canella, escóitanse desacougantes miaños, os gatos andan ás xaneiras… Imaxe de xaneiro, tan prehistórica como mesmo pode acontecer entre os recunchos de lixo de calquera urbe de hoxe. Xaneiro é tempo de gatos e porvir. Micifús de simbolismo heteroxéneo, tanto benéfico como […]

Altares, rituais e sacrificios na antiga Gallaecia

Nunca gustou a soidade e e os terrestres procuran a amizade dos celestes, dos deuses e dos santos, así créanse motivos de peregrinación, lugares co seu genius loci propicios para o encontro, para a asemblea, santuarios arredor dun esperado milagre. E neles a celebración, as liturxias, insólitos ritos que expresan a necesidade de manter o equilibrio da […]

Cantos de Nadal Galegos… enxordecidos

Xa se cantou máis do que se canta hoxe. Cantábase dende o nacer, diante do berce, á morte, a carón do cadaleito. Tanto se cantaban as mágoas como as ledicias, e por cantar tamén se cantaban as corenta e a lotería e sobre todo cantábase no Nadal. Tempo que abre á invernía, os Dies Natalis Solis Invictus, festas […]

O negocio dos museos e a mercantilización da Arte

Este discurso vaille atinxindo ao noso confín, cada vez máis consumista e que, pese a tanta historia e tesouros, vive na prehistoria da museoloxía. Cuestión pola contra que bule arredor dos grandes centros museísticos, con nomes como o Louvre, British, Hermitage… Prado, de apelidos de inversores da arte, Guggenheim, Thyssen, Ghetty, Picasso… tamén de concellos […]

Meijide Pardo, senlleiro historiador

De vivir don Antonio Meijide Pardo hoxe cumpriría os cen anos, por iso compre lembralo e celebralo agora máis. Aínda que, dalgún xeito, está moi presente nos que tratamos en temas históricos que son os da memoria. Facemos memoria pois. Pese a que este noso país é o que se dixo do Rio Leteo o das augas […]

1817-1845: o sublime mapa de Galiza do matemático Domingo Fontán

Xa quixeran moitas desas nacións que presumen da súa historia, ter no tempo e do xeito que se fixo un mapa como o que de Galiza elaborou o cartógrafo pontevedrés Domingo Fontán Rodríguez. Tema digno de abrir a canto puidera significar o gran Museo de Galiza. E á forza cavilamos neses espazos malnacidos, fracasados e […]