Historias e contos arredor do “Can do Demo”

Richard Marsh é antropólogo orixinario da Virxinia estadounidense, dende 1980 asentado en Dublín, especialista en contos e mitos celtas arredor de bestas fantásticas, fondo coñecedor de Wicklow na verde Eirín, escríbeme agora e pregunta obre o Urco ou o Orco en Galiza. Sabendo que asuntos de tarascas, quimeras, serpes, monstros, trasnos, xianas, xacias, mouras, diaños […]

Os países gaélicos, Galiza e o lume

Iso do lume e das fogueiras levámolo os galegos prendido no adn. Celtiberia xunto cos países gaélicos, os de raiceira celta, son de procesións, de fachóns ou de cirios. Non hai festa tradicional ou patronal sen fogueira e o brincar sobre dela, coñecedores de tácticas pra pisar as brasas sen se mancar e danzar arredor, […]

O inspirador ‘Libro máxico do San Cibrao’

Xa quixeran moitos pobos do globo terráqueo ter no seu acervo cultural un libro tan de base popular como o Libro magno do San Cibrao. Máis coñecido na variable dialectal do bable asturicense como o Ciprianillo, pois foron os “mercator”, os maragatos, os que o espallaron e complementaron, a xulgar polos saberes e nomes de […]

No principio foi a auga…

A vida principiou na auga, así o certifica a ciencia e así se conta nos libros relixiosos. Caldo orixinario, enriquecido pola acción milenaria dos Catro Elementos, cocido na efervescencia orgánica pra seguir sendo o que aínda somos. Por algo se parangona a a vida cos ríos que van ao mar… Contraposición Auga-Terra, líquido-sólido, cunha significación […]

Oleiros, concello para vivir

Velaí un territorio ansiado por moitas miradas, tamén asociadas a intereses especulativos. Tentado ser fagocitado por unha Coruña desmadrada, ao que resposta vixiante dos seus privilexios xeoestratéxicos, beiramar amparada polo solpor, beleza e cultura… e faino con con andar transversal. Queremos dicir esgazando con esa linealidade rutineira, caótica, que impera en boa parte dos concellos […]

Alicornos pra alentar a fantasía e a poesía

Quen leva metido na cabeza un unicornio, leva consigo parte fina da esotérica historia dos mitos. O corno é defensa, significa mando e dominio, servirá entón como vara máxica pra avolver e abrir camiños de estrelas nas galaxias e nos soños. Mesmo como caxato de mago pra furar na parte escura e poética do corazón… […]

Museos: hiperconexión, enfoques, públicos, teoría e realidade

A nosa é unha sociedade cada vez máis gobernada polo imperio das tecnoloxías da comunicación, as que acosan, intimidan e inciden no individuo con interesadas mensaxes. Panorama en contraste con pobos que, tamén existen e nin sequera teñen luz e moito menos chegan as ondas do ciberespacio. O asunto non pasa desapercibido. Dende 1977 o […]

‘Liberté, égalité, fraternité…’

  Velaí como cabeceira tres tópicos utópicos, con lindeiros dos que cadaquén usa e abusa á súa medida. Trindade progresista con embigo tanto na Francia ilustrada do 1789 como no maio parisino do1968. Primavera aquela de barricadas e berros, de pancartas e panfletos contra os abusos dunha civilización industrial que medra en favor da produtividade […]

Iniciarse no mundo céltico do Rei Arturo

Motivacións imperiais foron capaces de facer de tres pacíficos santos tres cabaleiros conquista mundos, adaís, Santiago, San Xurxo e o San Martín. Montámolos a cabalo, puxémoslle capa, espada, a brandir bandeiras e erguer así a súa imaxe nos altares. Prequixotes a facer misión cabaleiresca polo labirinto do extremo occidente atlántico. Novas odiseas de santos trotamundos, […]

Aí vén o maio florido… con estrelas, cruces e pancartas

Aí vén o maio florido… con estrelas, cruces e pancartas Entre o rechouchio canta e cuca o cuco, despídese e vaise na busca de outras primaveras. Todo un símbolo do estoupar florido, recende o cinamomo e as flores silvestres. E aínda pesan as lembranzas daqueles maios de flores a María e a porfía. Así ven […]