A ordinaria erótica do poder

Ordinario e erótico semellan conceptos contraditorios, tanto así como groseiro e sensual. Pero conviven, visto o que se ve neste tempo de anódinos xestos. Gran espectáculo no que todo se manufactura e chega á rúa e aos hemiciclos. Semella que ambas as dúas ideas conxúganse en quen ten poder. Ordinario e erótico resultan relucentes virtudes […]

Umberto Eco… Ecooooo)))))

Cada ser humano é unha estrela mais nun esfaragullado cosmos de galaxias, Vida a acenderse e apagarse na noite eterna e infinda dos abismos cósmicos da Morte. Movémonos entre eses dous cabos, mitos e ritos de acción-destrución. Pois velaí outra mala nova con reverberante eco terráqueo neste venres coresmal, 19 de febreiro do 2016: a […]

Museo Ibérico da Máscara e do Traxe

Para atopar esa outra parte do orixinario e orixinal Nós galaico, na Arqueoloxía, na Historia, na Etnografía, en fin, na Cultura, á forza teremos que movernos entre a raia seca da Asturicense, Lucense e Bracarense, e enxergar. Neste tempo de Entroido, cando se lle da renda solta ao instinto singular, faremos parada e fonda nese […]

José Ramón e a Cidade Vella da Coruña

O espírito síntese imantado e condúcenos instintivamente a lugares tamén con espírito, nos que habita un xenio ou unha fada engaiolante, eses Montmartre. Acrópoles con vistas, nos que se acumula por estratos a Historia e se abren tabernas pra inspirarse, cantar e contar sobre o divino e o humano. Barrios das cidades que quedaron fora […]

Enredarse entre a filigrana de Lisboa

Toda viaxe feita a Lisboa debe encetar como si se tratara dunha nova odisea ou ascese. Dispostos a subir e baixar, virar, a furar entre a súa filigrana, a fiar e desfíar luces e sombras do seu barroco, polas xeometrías clásicas, masónicas, entre o mestizaxe máis puro. Velaí a maxia dunha cidade engaiolante, sempre descoñecida, […]

Lisboa, a onde conducen as razóns do corazón

Lisboa , capital de Occidente, é sempre unha óptima alternativa para o viaxeiro que busca parte de si. E así foi, segundo os mitos clásicos, para Ulises que aquí pousou e, degrau sobre degrau, fundouna e deulle o seu nome. Construída ao borde dunha faia sísmica, provocadora de terribles terremotos dos que tamén se perde […]

Aylan, unha lección máis, a do neniño morto nunha praia

Escenas dramáticas de novos éxodos entre Oriente e Occidente que removen conciencias. Ringleiras de familias aguilloadas por fanatismos e feudalismos relixiosos envelenados con intereses económicos, xeoestratéxicos… Dramáticos efectos, ensarillados, con causa na ignorancia, no odio alimentado e medrado, na provocación e nas guerras argalladas dende os seus búnkers por líderes e gobernos. Sen medir consecuencias, […]

Unha navalla de tres estralos para Lois Diéguez

Apaixonado, aberto a enxergar, a compartir e a refugar canto tenta contra a vida e o humanismo. Inimigo de toda vaidade, do engano, do oficialismo, do burocratismo e do silencio espeso. Sempre solidario, positivo fronte ao pesimismo, patrimonio do egoísmo. Entre o bombardeo consumista e propagandista asume que ser un mesmo resulta difícil. Algo así […]

Un arqueólogo, un templo e Palmira

No 1990 aquela operación retransmitida en directo co cinematográfico título de Tormenta do deserto, liderada polos EEUU no Golfo Pérsico para garantir os negocios petroleiros de Kuwait, seguida da invasión ao Iraque de Sadam Husseim entre o 2003-2011, son guerras que non fan máis que tadrear vellas feridas polas que seguen a escoar ríos de […]

1 8 9 10