Demócratas…?

Alá mediados dos anos setenta eu vinme nun problema: «Tiña cara de bo rapaz». Así o decretara a Policía deixándome en liberdade logo de determe ao saír dunha clase de Tierno Galván na universidade Complutense de Madrid Se para a Policía «tiña cara de bo rapaz» non había que darlle máis voltas: os meus camaradas decidiron que […]

A ‘división’ no 25 de Xullo

A festa patronal da parroquia cada quen celébraa na súa casa e cos seus. Certo que sempre hai algúns veciños renartes aos que lle gustaría que non houbese festa e aínda arremeten contra os ramistas porque «non teñen outra cousa que facer». Algúns collen e van comer fóra. Outros néganse a ir á festa e […]

En Marea, a moviola de AGE

Desde aquela reunión en Allariz, antes das eleccións autonómicas do ano 2005, cando Anxo Quintana se nega aceptar o acordo, cociñado en Madrid coa esquerda estatal, que lle presenta Xosé M. Beiras, unha parte do nacionalismo galego semella que se dedica a xogar a política, na vez de facer política para «ver se a piscina […]

Os cento un mil do PPdeG

Preocupoume o meu amigo Manolo cando me dixo que o tiñan que operar do corazón. Estou afeito a non ir polo dereito na conversa para que o meu interlocutor fale se quere falar. Así que lle dixen, aínda han de tardar en chamarte. El contestoume todo seguro, non, home, non, como son afiliado ao PP, […]

Feixóo quere ser presidente

O tren que levaba tanto tempo agardando Núñez Feixó chegou ateigado camiño de Madrid, pero na vez de dirixirse cara a Moncloa, paraba na rúa Xénova. Así que o presidente do PPdG decidiu non subirse a el e agardar. Agardar ao ano 2020. Algúns afirman que un tren así só pasa unha vez na vida. […]

En Marea, un «partido ornamental…»

Cerna ven de anunciar a súa disolución. Non se alarmen vostedes. Os seus dirixentes xa realizaron a mesma operación no PSG, no Colectivo Socialista, nos Irmandiños, en AGE… Cada vez que se disolven e para crear algo novo. E fano tan ben, que alá onde van sempre acadan cotas importantes de poder. Agora semella que […]

Cando España espirra…

Podemos atoparlle vantaxes ao cambio de Goberno. Por poder, podemos…, e seguro que as ten: comezando por instaurar a práctica democrática fronte a unha dereita, detentadora do poder, que considera que tamén lle corresponde o Goberno, e, cando o perde, xa sexa nas eleccións, xa nunha moción de censura, considera que a expropian e que […]

E agora que facemos, señor Beiras?

Esta semana, a Xosé Manuel Beiras entrevistárono nas Noticias de Guipúzkoa, demostrando a súa probada capacidade de análise. Incide en que Galiza é unha colonia, «pero agora de cuarta», e na contradición nacionalismo/españolismo, pero, sobre todo, explica os seus últimos pasos en política: «Hai un momento en que semella que se pode apostar por unha ruptura […]

A ETA que nunca existiu

  No relato que tentan impoñer como único, existe unha ETA mala e unha ETA que nunca existiu, a ETA-PM. Esa ETA, da que agora non se fala, e da que moitos dos seus militantes están perfectamente integrados no sistema, foi a que, nos anos que median entre as primeiras eleccións de 1977 e as […]

ETA, un lastre para o Bloque

A desaparción de ETA como organización, tanto militar como política, é unha moi boa nova, sen importar como o escenifícase. Pero semella que a moitos non lles prestou. Son os que se viñeron servindo anos e anos da súa actividade terrorista para atizar os votos cara a súa comenencia. Na Galiza, a presenza de ETA, […]