A Constitución que trouxeron os espías

A Constitución Española, da que se celebran os seus 40 anos, non se entende sen a Lei para a Reforma Política, aprobada polas Cortes franquistas en xaneiro do 1977. Existen dúas claves nesta lei, que é «para a Reforma» e non «de Reforma» o que levou a un importante debate no Consello de Ministros, pois, […]

Xibraltar español e a pesca… británica

TranquilidadeE e optimismo. Esta sería a miña recomendación aos partidos españois polo contencioso con Xibraltar. Total levan 300 anos coa mesma trécola e non mudou nada nesa fronteira, máis ou menos real, máis ou menos imaxinaría, que se abre ou pecha segundo a cantidade de testosterona patriótica que acumulen os seus dirixentes ou as ansias […]

Por un rural vivo

Quédense con este nome: The Navigator Company. Así se denomina unha das maiores pasteiras do mundo, instalada en Portugal. Esta semana anunciou que ía pór a andar unha base no noso país para realizar plantacións de eucaliptos. Anuncio que xa viñera realizando noutras ocasión e que, agora, fai oficial. A decisión tómaa, segundo a antiga […]

Máis madeira, é a guerra

Os dirixentes de En Marea son moi marxistas. Uns e outros andan a berrar nas súas organizacións, que, coma vagóns, compoñen ese tren electoral: «máis madeira, é a guerra», mentres camiñan a toda velocidade cara a estación das primarias. A guerra é por ver quen se queda coa locomotora que turra e quen coa que […]

Galiza, ¿centro ou periferia?

Hoxe esta interiorizado pola maioría da poboación galega que somos periferia e que, desta nosa situación, arrincan todos os males. O amigo Gustavo Luca de Tena, ven defendendo desde hai moitos anos o contrario: Galiza está situada no centro do mundo. Por onda nós pasan as grandes rutas comerciais mundiais. Cara o norte de Europa, […]

A ditadura dos postos de traballo

O que vou escribir non é porque eu sexa un espírito de contradición, senón pola necesidade de reflexionar. Desde que o paro se converteu na praga bíblica que antes era o traballo, «comerás o pan coa suor da túa fronte», seica lle dixo Deus a Adán, semella que os postos de traballo son a medida […]

Alcoa, un retrato galego

Sen encomendarse aos deuses nin aos demos. Así se anun- ciou o peche da factoría coru- ñesa de Alcoa. A empresa, regalada polo Estado a multinacional no 1998, levaba catro anos amagando, pero esta vez non houbo comunicación nin aos traballadores, nin a Xunta, nin ao goberno do Estado. Nunca farían nada semellante se o […]

Carolina mírao ben

Ou hai cousas que a min se me escapan, ou non entendo a comparanza entre o desembarco de Manuel Fraga e o de Carolina Bescansa. A chegada a Galiza do líder da dereita española era u­nha cuestión de Estado. O Goberno tripartito, con Coalición Galega e o PNG de parceiros do PSOE, rematou de pór […]

Vigo versus Pontevedra

Nos últimos tempos, dúas cidades acadaron a atención da maioría dos medios de comunicación: Pontevedra e Vigo. Ambas representan dous xeitos non só diferentes, senón contrapostos de facer política, pero igualmente exitosas electoralmente, sobre todo o do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o máis votado, porcentualmente, de todas as capitais do estado. As citas dos […]

Abusos sexuais nos seminarios

Na novela Amigos sempre rela- taba abusos sexuais nun seminario. Chamoume frei Xosé, o bis- po franciscano de Lugo, para dicirme que tres cregos querían demandarme, pero que el non os deixaba. Contesteille que non se preocupase, que era mellor que me levasen a Xustiza para que así se puidesen depurar responsabilidades. Contestoume que el entendía que […]