E agora que facemos, señor Beiras?

Esta semana, a Xosé Manuel Beiras entrevistárono nas Noticias de Guipúzkoa, demostrando a súa probada capacidade de análise. Incide en que Galiza é unha colonia, “pero agora de cuarta”, e na contradición nacionalismo/españolismo, pero, sobre todo, explica os seus últimos pasos en política: “Hai un momento en que semella que se pode apostar por unha ruptura […]

A ETA que nunca existiu

  No relato que tentan impoñer como único, existe unha ETA mala e unha ETA que nunca existiu, a ETA-PM. Esa ETA, da que agora non se fala, e da que moitos dos seus militantes están perfectamente integrados no sistema, foi a que, nos anos que median entre as primeiras eleccións de 1977 e as […]

ETA, un lastre para o Bloque

A desaparción de ETA como organización, tanto militar como política, é unha moi boa nova, sen importar como o escenifícase. Pero semella que a moitos non lles prestou. Son os que se viñeron servindo anos e anos da súa actividade terrorista para atizar os votos cara a súa comenencia. Na Galiza, a presenza de ETA, […]

A ‘división’ dos galegos

“O somos gallegos o no nos entendemos”. Así di un refrán castelán que, co tempo, foi asumido na Galiza como “Somos galegos e non nos entendemos”. Outra mostra máis de colonización que fai que o pobo galego interiorice e adopte como certos, defectos que el non ten, pero que os utilizan ou lle impoñen os […]

Acabar co libro galego

Afirma os que saben máis ca min, coma o presidente da Academia Galega, Victor F. Freixanes, que estamos a sobordar a “liña cero” na cultura galega, maiormente no sector editorial. A situación é de especial gravidade, pois non é que se estea só a desmantelar un sector, importante aínda que sexa só desde o eido […]

Orzamentos de cienciafición

Seguro que moitas persoas se lembran daquelas películas de cienciafición, pagadas polo Departamento de Estado americano, que nos mostraban como ían ser os anos dous mil. Se teimaran en ler os orzamentos do Estado Español desde o comezo do século XXI, e os puidesen comparar cos guións daquelas películas, corroborarían canto se asemellan: todo parecido […]

Para fiarse de CCOO e UGT

Calquera observador político terá que concluír que poucas veces se dan unhas causas obxectivas coma nestes momentos para a convocatoria dunha folga xeral, política, por suposto. Unha folga xeral, coas pensións como eixo, pero que debería ter como leitmotiv o de facer retroceder as políticas antisociais que puxeron en marcha os gobernos nos últimos anos (sen mellores […]

Vai de xustiza

A actual folga na Xustiza é a máis relevante que se produciu nos servizos públicos de Galiza, tanto polo impacto que ten, como pola súa duración. Nestas seis semanas que alá van de protesta, suspendéronse máis de 15.000 xuízos, algúns fican retardados ao ano 2021. Tamén se deixaron de realizar máis de 40.000 trámites, como […]

8-M, cambio de etapa

O feminismo ten xa unha historia de éxito, conseguindo importantes avances democráticos e civís. Reivindicacións que hai só uns anos eran cualificadas de utópicas, aparecen agora como dereitos obvios que ninguén se atreve a rexeitar. Nesta nova época, as mulleres van ser as grandes protagonistas dos cambios sociais. As mulleres como persoas e como movemento, […]

A revolución dos avós

A comezos dos anos setenta do século pasado, o Suso Viana e máis eu eramos uns revolucionarios de 15 ou 16 anos. Un día, discutindo cos nosos pais, xantando detrás da cociña da cantina de Trasouteiro, cando eles nos retrucaban que ía ser moito máis difícil ca pensabamos acabar co franquismo, a min non se me ocorreu […]

1 2 3 18