«Pangalaica. Recortes poderosos»

SOBRE O LIBRO

O 17 de marzo de 2020, Xurxo recibe a chamada de María Obelleiro,
directora de Nós Diario

A pandemia paralizou a actividade cultural. Pídelle que durante uns días
escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda.

É a escusa que precisa. Ao día seguinte aparece “Haberá primavera!”, a
primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios—
para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas
que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o
país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada
Pangalaica.

SOBRE O AUTOR

Xurxo Souto (A Coruña, 1966). Músico e escritor, en 1988 comezou a
colaborar en diferentes medios de comunicación, nomeadamente na radio,
onde conduciu os programas «A Tropa da Tralla» (Radio Coruña) ou «Aberto
por Reformas» (Radio Galega). Escribiu dúas novelas e varios libros de
relatos. Dirixiu a película documental «Pucho Boedo, un crooner na fin
do mundo». Con outros compañeiros do barrio creou Os Diplomáticos de
Monte-Alto, conxunto bravú. Tocou o acordeón en Tres Trebóns e, agora, é
un dos compoñentes da Banda Xangai.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar