LIDL entra no sector da domótica

Un dos grandes referentes do sector da domótica son las lámpadas Philips Hue, que conforman un amplo catálogo de dispositivos aos que vén de saírlle un duro competidor, LIDL, cadea de supermercados que está a estrear unha gama de produtos Smart Home composto basicamente con lámpadas conectadas a través do estándar Zigbee 3.0 que logo poden configurarse a través da aplicación móbil Lidl Home.
Esta nova familia de produtos é especialmente atractiva polos seus prezos agresivos, xa que a central domótica véndese a 24,99 euros e as lámpadas con control de ton e intensidade a 7,99 euros (12,99 euros con control total de cor), podendo completarse as instalacións con tiras de LED, tomas de corrente programables, sensores de movemento, interruptores e incluso un calefactor cerámico.
Para introducirse nesta tecnoloxía o máis recomendable sería facer cun set básico de iluminación composto por unha central domótica, 3 lámpadas e un interruptor.
Instalando estes dispositivos no fogar non só permiten o uso dos mandos e dos sensores para o acendido das lámpadas e outros trebellos, senón que a solución tamén é compatible co asistente de Google e con Alexa, de xeito que tamén poderanse controlar coa voz. Sen dúbida, un duro competidor para Philips e incluso para IKEA (que conta coa familia de produtos Trådfri para procurar dominar a electrónica doméstica).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar