A Deputación de Ourense destina máis de 344.000 € a obras en concellos, servizos sociais, cultura, deporte e emprendemento

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou, na reunión mantida por videoconferencia, diversas iniciativas e axudas nos ámbitos social, cultural, deportivo, de emprendemento, de infraestruturas e de cooperación cos concellos por un importe total de 344.796 euros.

En concreto, en servizos sociais, destinase unha subvención a favor da Asociación ASPANAS, por importe de 48.000 euros, para equipamento nos seus centros; e para a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos “Terra de Celanova”, unha achega de 40.000 euros para gastos de funcionamento da entidade no ano 2020.

No apartado deportivo, a xunta de goberno deu conta da resolución do concurso para a concesión de subvencións para as Copas Deputación 2020, concedendo axudas por un importe total de 73.386 euros, orzamento que se reparte entre as seguintes entidades: Delegación da Federación Galega de Atletismo, Club Polideportivo Athlos de Ourense, Delegación Ourensana de Baloncesto, Club Olimpos, Federación Galega de Caza en Ourense, Asociación Cultural Deportiva Chave, Club ciclista Ourensano, Club Ciclista Maceda, Asociación de Escaladores Ourensáns, Club Esquí Náutico Dummies, Montealegre Club de Golf, Club Halterofilia Pabellón, Centro deportivo ecuestre de Ourense, Club Hípico Orense, Centro deportivo ecuestre de Ourense, Federación Galega de Hoquei, Federación Galega de Judo e DDAA, Club Deportivo Fundación Cipri Gomes, Escuelas Deportivas Artai, Federación Galega de Loita e D.A., Club Natación Pabellón Ourense, Club Natación Sicronizada Ourense, Club Peña Trevinca Barco, Padel Prix Club Deportivo, Club Deportivo Ourela, Federación Galega de Piragüismo, Centro Deportivo Couto, Club Santo Domingo, Centro de Tiro Olimpico Eiroás, Club Náutico Castrelo de Miño, Departamento Wushu Federación Galega de Judo e D.A., e Federación Galega de Ximnasia.

A xunta de goberno acordou tamén ratificar a resolución da Presidencia do pasado 5 de agosto de desconvocatoria do procedemento para a concesión das subvencións para o fomento das actividades escénicas e musicais 2020; e tamén aprobou a concesión de subvencións para os concellos de Castrelo do Val, Cenlle, Chandrexa de Queixa, Larouco, Pontedeva e Sarreaus, para obras de infraestruturas e acondicionamento.

Outra das resolucións aprobadas hoxe foi o concurso público para subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a persoas físicas que leven a cabo proxectos empresariais ou de autoemprego en municipios rurais en declive demográfico da provincia de Ourense, no marco do proxecto emprendOU. En concreto, as iniciativas desenvolveranse nos concellos do Irixo (2), Baños de Molgas, Maside e Xinzo de Limia, e refírense a recolección de produtos silvestres, café-bar en vehículo, servizos forestais e comercio ao maior de produtos cosméticos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar