Detidas dúas persoas por roubar cables de cobre en Verín

A Garda Civil detivo a dúas persoas ás que sorprenderon mentres cortaban cables de cobre do interior de repetidores de telefonía en Verín (Ourense).

Os feitos producíronse o mércores ás 02,45 horas, cando os axentes se atoparon a M.G.D., de 41 anos, e a M.D.A., de 43 anos, tratando de roubar o material.

Estas dúas persoas foron detidas como presuntas autoras dun delito de roubo con forza nas cousas e do caso encárgase o Xulgado número dous de Verín.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar