Plásticos

Cando os plásticos nos invadiron, tardamos en enterarnos de que metíamos nas nosas vidas un inimigo mortal. De repente, as casas foron máis limpas e cómodas con este novo elemento barato, que eliminou á madeira e o barro das nosas cociñas. Co barro, elimináronse barreiros e cacharreiros, daquela profesións de prestixio que daban traballo a parroquias enteiras, sendo o mellor exemplo o de Bonxe, en Outeiro de Rei, onde hoxe só queda Pepa Lombao, filla de O Indalecio, tamén o último alfareiro da comarca.

Todos vivimos tranquilos mergullados en plástico, ata que voces informadas deron en avisar do perigo deste material para as xeneracións futuras xa que mentras barro e madeira non contaminaban, o plástico invadiría a terra e tardaría centos de anos en desaparecer.

    Ao comezo deste ano, esa contaminación era un dos nosos problemas principais contra os que xa se estaba a loitar. Pero chegou o confinamento, e arredamos o problema futuro por aqueixarnos outro problema maior. E neste tempo puidemos comprobar a invasión dos plásticos nas nosas casas contendo leite, refrescos, auga, xoguetes, deterxentes, ordenadores, bolígrafos… todo, nese barato, inagotable, eterno, plástico.

    No lixo, a cor amárela é a máis voluminosa, sabéndose que o consumo de plásticos durante a pandemia aumentou de xeito importante. E como o virus aínda nos persegue, por agora non se vai loitar contra un inimigo que tan inocente parece. Agardemos que no inmediato futuro se vaia esvaíndo o problema principal, e cando poidamos pensar noutros problemas lembremos o perigo social do plástico, e comecemos de novo a loitar contra el.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar