XLII Semana de Cine de Lugo

         De acordo coas entidades patrocinadoras e colaboradoras, e tendo en conta a evolución da pandemia do Covid 19, o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá confía en poder celebrar a XLII Semana de Cine de Lugo do 23 ao 28 de novembro próximos.

         Considerando que as datas iniciais do mes de setembro non ofrecían a seguridade de poder ofrecer aos lucenses un Certame con todas as garantías que a normativa e a prudencia establecen, a Semana vaise celebrar –dependendo sempre da evolución do problema- entre o 23 e o 28 de novembro próximos, agardando para clarificar diversos aspectos da celebración a que a evolución da pandemia sexa como todos desexamos.

         Como elemento base da programación da Semana, a organización conta cun total de 1.520 películas, entre longametraxes e curtametraxes, recibidas de practicamente todos os países do mundo, que nutrirán a filmografía desta edición da manifestación cinematográfica lucense,

         Acompañamos o cartel anunciador da Semana, do que temos eliminadas as datas iniciais, agardando para a súa impresión e distribución a que a actual situación se consolide.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar