A Asociación Xuvenil Amencer visita o Museo Internacional de Cornamusas

O Museo Internacional de Cornamusas, dentro do seu programa de visitas programadas, acaba de recibir á Asociación Xuvenil Amencer que coñeceu este espazo expositivo situado na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense. Durante a visita, os participantes tiveron a oportunidade de coñecer a historia das gaitas, así como o funcionamento da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense. Este programa de visitas guiadas mantense durante os meses estivais. Para elo, os interesados en participar nelas deberán solicitar previamente a visita que se realizará en grupos reducidos e tendo en conta as limitacións de seguridade.

O Museo Internacional de Cornamusas acolle unha das coleccións máis singulares do mundo no ámbito da gaita, e permite facer un percorrido deste instrumento dende a súa orixe e evolución ata á actualidade. O museo alberga 60 variantes das cornamusas de Europa, Asia e África, constituíndo unha das coleccións máis importantes do mundo no seu xénero. No museo tamén se pode contemplar unha importante mostra de plegos de cordel ou coplas de cego así como outros instrumentos asociados á música tradicional e iconografía.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar