A Asociación Empresarial do Tambre e Cáritas de Santiago asinan un convenio

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) e Cáritas Interparroquial Santiago asinaron un convenio de colaboración no Centro Empresarial do Tambre, rubricado polo presidente da asociación empresarial, José Fernández Alborés, e o director da organización asistencial, Luis Calviño Pueyo.                                           

O acordo está orientado a poñer en coñecemento dos membros da entidade empresarial os servizos e programas que desenvolve Cáritas. Ademais, ten por obxecto establecer unha colaboración entre ambos organismos para impulsar e promocionar actuacións encamiñadas a mellorar a responsabilidade social empresarial, fomentar a formación e promoción do emprego dentro dos servizos e competencias de ambas partes.

Segundo o convenio, dun ano de duración, Cáritas poderá usar as instalacións do Centro Empresarial do Tambre nas mesmas condicións que os socios da asociación. Pola súa parte, a AAET informará a Cáritas das xornadas, talleres e outras accións formativas e informativas que se celebren nas súas instalacións. Tamén poderán promover conxuntamente actividades e fomentalas entre os seus asociados.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar