Tanxugueiras aspira a acadar o título de ‘Mellor álbum en galego’

As pandereteiras optan por segundo ano consecutivo ao galardón co seu novo disco, ​Contrapunto, tras gañar, na pasada edición dos Premios MIN, o mesmo recoñecemento co seu traballo ​Tanxugueiras
O grupo tamén é finalista nos Premios Mestre Mateo 2020 co videoclip do single Perfidia ​ , realizado pola produtora Trece Amarillo e PlayPlan

27 de febreiro de 2020.- Tanxugueiras aspira, por segundo ano consecutivo, a acadar o título de ​Mellor álbum en galego nos​Premios MIN da Música Independente​co seu segundo disco, ​Contrapunto ​ , editado por Calaverita Records e PlayPlan.
Logo de gañar na pasada edición o mesmo galardón co seu primeiro álbum,​Tanxugueiras ​ , o grupo conformado por Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro aspira a acadar, de novo, o máximo recoñemento que concede a industria discográfica independente grazas a Contrapunto. ​ Neste segundo traballo, no que asumiron a súa ​definición artística e musical coa colaboración do percusionista Isaac Palacín​, as pandereteiras plasman a evolución do seu sentir musical e exploran novos horizontes na música tradicional galega.

Os Premios MIN recoñecen a creación, diversidade ecalidadeartísticadasproducións independentes que se publican ao longo do ano no estado, e que supoñen un 80% das novedades discográficas do sector musical español. En total, os galardóns contan con 21 categorías diferentes, en cuxo proceso de selección participa tanto o público xeral como un xurado profesional. Os premios, que contan co apoio, entre outras institucións, do INAEM, Fundación SGAE, Ayuntamiento de Madrid ou Comunidad de Madrid, visibilizan o traballo das e dos profesinais e artistas que autoeditan as súas creacións ou que as publican a través de sellos independentes. A cerimonia de entrega desta nova edición terá lugar o vindeiro 11 de marzo no Teatro Circo Price de Madrid.

O recoñecemento de Contrapunto
​ como finalista dos XII Premios MIN súmase á candidatura do segundo single do álbum, ​Perfidia ​ , como Mellor Videoclip dos ​Premios Mestre Mateo que outorga a Academia Galega do Audiovisual (AGA). O traballo, no que o grupo fía un relato sobre a deslealdade e a ruptura da amizade, contou cun​vídeo realizado en Pontevedra pola produtora Trece Amarillo e PlayPlan​. A entrega de premios da AGA terá lugar o vindeiro 7 de marzo na cidade da Coruña.

Contrapunto e a xira de presentación

Tanxugueiras aposta pola renovación da música tradicional galega. Co seu segundo traballo, ​Contrapunto ​ , as pandereteiras propoñen dez temas confeccionados a partir de letras tradicionais recollidas en diferentes puntos da xeografía galega e que reinterpretna e revitalizan con arranxos actuais e harmonías de diferentes estilos.
O álbum presenta dez temas siameses, cos que, ​a modo de espello, o grupo fía cinco relatos, cada un coa súa cara e a súa cruz. Dez temas sobre diferentes momentos da vida, nos que cantan ao empoderamento da muller, á deslealdade e á traizón, á liberdade política, á amizade, á vida, á liberdade de decisión, a crítica á ditadura ou ao desengano. As voces de Aida, Sabela e Olaia, ateigadas de naturalidade, virtuosismo e contundencia, dan un novo significado ás coplas da tradición galega.

Desde o pasado 29 de novembro, Tanxugueiras está a percorrer Galicia para presentar o seu segundo disco. Tras visitar Mos, Burela, Celanova, Santiago de Compostela, Oleiros e As Pontes, as vindeiras citas co novo directo do grupo, vibrante e rebordante de enerxía, e cunha coidada posta en escena, terán lugar en Cangas (6 de marzo), Vilalba (13 de marzo) e Monterroso (14 de marzo). As entradas para as dúas primeiras citas pódense adquirir a través da web do grupo, ​www.tanxugueiras.com​, ou da plataforma ​www.ataquilla.com​.
A xira de Contrapunto tamén terá presenza internacional no período estival. Así, no mes de xullo, as pandereteiras actuarán no festival​Gooikoorts​, en​Bélxica​. Xa no mes de setembro, Tanxugueiras formará parte do cartel do​Bromyard Folk Festival​, no​ReinoUnido​. Nas dúas citas, o grupo é o único representante, a nivel estatal, da música tradicional.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar