Deputación de Ourense e os concellos farán posible a montaxe teatral de «Al fin pasaron»

A Deputación de Ourense e os concellos de Ribadavia e
Carballeda de Avia farán posible a montaxe teatral e a estrea da obra Al fin pasaron, un
espectáculo baseado na novela da historiadora e escritora galego-arxentina Susana Maceira.

Na reunión que o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo hoxe cos alcaldes
de Ribadavia, César Fernández, e de Carballeda de Avia, Luis Milia; coa autora e co director
teatral Alejandro Giles, o titular da Deputación de Ourense confirmou o apoio da institución
provincial a esta montaxe teatral, da que son autoras Susana Maceira e Alejandra Tallarico e
que está dirixida por Alejandro Giles.

Segundo o plan de produción, a estrea e presentación
da obra terá lugar en Ourense e Ribadavia no primeiro trimestre de 2021, para logo iniciar
unha xira por diferentes teatros de Madrid, Barcelona e outras cidades de España onde a
memoria histórica sexa un tema de relevante importancia, así como en Arxentina.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar