O reloxo da Casa do Concello de Ourense será o protagonista do cupón da ONCE

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acompañado das concelleiras de Turismo e Termalismo e de Política Social, Igualdade e Saúde, Flora Moure e Eugenia Díaz Abella respectivamente, e de Miguel Caride, de Infraestruturas, recibiu na Alcaldía a representantes da ONCE Manuel Martínez Pan, delegado territorial da ONCE en Galicia; Carlos Fernández Lamigueiro, presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, e Jesús Sánchez García, director de ONCE-Ourense que lle entregaron unha reprodución do cupón dedicado ao Reloxo do Concello de Ourense, dentro da serie Ciudades en punto y hora.

O cupón corresponde ao sorteo diario do vindeiro xoves, 27 de febreiro, e poderase comprar a partir deste venres. En toda España sairán á venda 5,5 millóns de exemplares.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar