Tanxugueiras presenta este domingo 23 nas Pontes o seu novo álbum, ​Contrapunto

Tanxugueiras presenta este d​omingo 23 nas Pontes de García Rodríguez o seu segundo disco, ​Contrapunto, un álbum no que as pandereteiras ​Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro exploran os límites da música tradicional. A cita terá lugar contra ás ​18.30 horas no Auditorio CineAlovie as entradas están á venda tanto na web oficial do grupo, ​www.tanxugueiras.com​, coma na plataforma ​www.ticketentradas.com


Logo de encher a Sala Capitol de Santiago de Compostela (2 de febreiro) e o auditorio do Centro Cultural A Fábrica de Oleiros (15 de febreiro), o grupo chega o vindeiro domingo ás Pontes, no día grande da XL Feira do Grelo e dentro da rede cultural da Deputación da Coruña, cun ​directo vibrante e rebordante de enerxía.

A nova xira conta cunha coidada posta en escena, acompañada dun xogo de luces que pretende implicar ao público cos relatos que transmiten as cancións, deseñados ao detalle para levar ao público da intimidade á euforia.
Co seu primeiro traballo, ​Tanxugueiras, ​ percorreron máis de 100 escenarios e iniciaron unha proxección internacional que as levou a actuar na India, en Suíza, en Cuba ou Escocia. Agora, con ​Contrapunto, as pandereteiras buscan novos horizontes na música tradicional galega. Neste segundo álbum, no que Aida, Olaia e Sabela asumiron​a definición artística e musical coa colaboración de Isaac Palacín, plasman a evolución do sen sentir musical e propoñen ​dez temas confeccionados apartirdeletrastradicionaisrecollidas en diferentes puntos de Galicia e que renovan arranxos actuais​. ​Con elas, a modo de espello, o grupo fía cinco relatos, cada un coa súa cara e a súa cruz, nos que cantan ao empoderamento da muller, á deslealdade e á traizón, á liberdade política, á amizade, á vida, á liberdade de decisión, a crítica á ditadura ou ao desengano.
O álbum, ​editado por Calaverita Records e PlayPlan, ​está dispoñible en todas as plataformas dixitais para a súa escoita e para a venda en tendas físicas e​online ​ , así como nos concertos do grupo. A xira de ​Contrapunto, ​ coa que visitarán países como Reino Unido e Bélxica,​ ​ continuará no mes de marzo nas localidades de ​Cangas, Vilalba e Monterroso​.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar