O Concello de Ourense procederá á poxa de coches oficiais que quedaron fóra de servizo

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, rexeita as acusacións verquidas polos socialistas sobre o “abandono” de coches oficiais, e lembra que se puxeron en marcha dous expedientes para proceder á poxa dos mesmos: por un lado, o Audi e o Opel, utilizados polo alcalde; por outro lado, vehículos que están para o despezamento, e que se atopan en locais municipais á espera de que se leve a cabo a poxa.

Ademais, recrimina os socialistas por cuestionar a decisión adoptada no seu momento de utilizar nos desprazamentos, tanto polo alcalde como concelleiros do grupo de goberno, do servizo de taxi, e que “no se pode considerar un malgasto para as arcas públicas como din”. Neste sento, o rexedor lembra que se trata de un servizo público “polo que apostamos”, que ademais “supón un aforro importante”, xa que levará consigo que “se deixa de utilizar eses vehículos oficiais, ter que contar cun chofer e os custes de mantemento”.

Por outra banda, Gonzalo Pérez Jácome advirte de que “antes de facer este tipo de denuncias deberían informarse”, ao igual que o concelleiro de Servizos Xerais, Manuel Álvarez, que sinala que se está levando a cabo todo o proceso administrativo para proceder á poxa deses vehículos, rexeitando de forma categórica “que se diga que están abandonados”, pois se atopan custodiados en dependencias municipais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar