Certame de xornalismo de Begonte

Pepe Pol e Beatriz Valcárcel, premiados no XLIV Certame de xornalismo “Begonte e o Nadal”

         Vense de reunir o xurado do XLIV CERTAME DE XORNALISMO “BEGONTE E O NADAL”, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico de Begonte, formado por Jesús Dominguez Guizán (Presidente); José Ulla Rocha, Alcalde de Begonte; Blanca Pacín Somoza, Bibliotecaria; e José Rodríguez Gómez, fillo do creador do Belén, vocais; e Xulio Giz Ramil, no nome do Centro convocante, que actúa como secretario sen voz nin voto.

         Por unanimidade acordan conceder os seguintes premios:

         PREMIO BEGONTE DE XORNALISMO, dotado con 600€ e estatuiña de Sargadelos, para “Carta a los Reyes Magos y su respuesta”

https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.24228.php, publicado en Galicia Digital por PEPE POL,  de Montefurado-Quiroga.

         SEGUNDO PREMIO, dotado con 300€ e estatuíña de Sargadelos para  “La historia real de un belén viviente”,

https://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.24298.php, do que é autora Beatriz Valcárcel, de Lugo, que asinou o seu traballo en Galicia Digital co seudónimo de Begontina.

         Os premios serán entregados o próximo 25 de xaneiro, sábado, dentro dos actos de clausura de O NADAL EN BEGONTE, que se iniciara ás cinco da tarde no salón de actos do Centro Cultural begontino.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar