Un menor ferido atropelado por un camión en Redondela

Un adolescente resultou ferido de consideración despois de ser atropelado por un camión nun paso de peóns, á altura do edificio do conservatorio da localidade pontevedresa de Redondela.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos dez minutos antes das 19:00h. Foron varios particulares os que chamaron, a esa hora, ao 112 Galicia para alertar do suceso.

De contado, os xestores de emerxencias pasaron aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que debido a gravidade do suceso mobilizaron unha ambulancia medicalizada ao lugar. Ademais, informaron aos axentes de Tráfico, da Policía Nacional e Local, que de contado se desprazaron tamén ata o punto.

DOUS FERIDOS EN SARRIA

Dúas persoas resultaron feridas despois de saírse da vía co vehículo que circulaban pola estrada LU-546, ao seu paso pola parroquia de San Miguel de Vilapedre, no concello de Sarria.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Sarria, nada mais ser alertados polo 112 Galicia, que tiveron que excarcerar a un dos ocupantes do interior do turismo. Así mesmo, para a evacuación dos dous feridos solicitouse a intervención dos profesionais de urxencias sanitarias.

Un particular alertou ao 112 Galicia do accidente. No seu relato indicaba que un vehículo sufrira unha saída vía, a partir de aí, informouse ademais de aos servizos sanitarios e aos Bombeiros, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

A intervención do persoal do servizo de limpeza e mantemento da vía tamén foi requirida polo 112 Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar