Maica Larriba recibe ao Comandante Xefe da Garda Civil de Tráfico

O Comandante Xefe do Subsector de Tráfico da Garda Civil, Leovigildo Villares, mantivo unha reunión coa subdelegada do Goberno para expresarlle o seu agradecemento polo labor coordinado con esta subdelegación e o corpo de seguridade e de control de Tráfico na provincia durante este tempo de servizo continuado en Pontevedra.

Igualmente, Maica  Larriba quixo manifestarlle a gratitude polo traballo constante que realizan todos os membros da agrupación de tráfico para conseguir mellorar os datos de sinistralidade nas estradas pontevedresas.

Finalmente, Larriba quixo desexarlle os mellores logros no seu novo destino na Xefatura de Tráfico de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar