Continúa o traballo sobre a ordenanza que regulará o consumo de alcohol en Ourense

Celebrouse a segunda reunión da comisión de seguimento constituída o pasado 26 de novembro por iniciativa da Concellería de Política Social, Igualdade e Saúde coa fin de aprobar a ordenanza que regule o consumo de alcohol nas rúas de Ourense.

A concelleira Eugenia Díaz Abella reuniu hoxe de novo os grupos políticos e o presidente da Federación de AAVV Limiar, Manuel Mosquera, para compilar as achegas ao texto -xa redactado no anterior mandato, pero sen apoios necesarios para a súa aprobación- da ‘Ordenanza reguladora da convivencia cívica e a protección da saúde derivada do consumo, venta e publicidade do alcohol’, a coñecida popularmente como “ordenanza do botellón”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar