A Deputación, en colaboración co Concello de Ourense, ofrece un servizo de autobús gratuíto a “Pazolandia”

A Deputación de Ourense, en colaboración co Concello de Ourense, pon a disposición dos ourensáns un servizo de autobús gratuíto a “Pazolandia”, co obxectivo de facilitar o desprazamento dos nenos da cidade ao maior parque de atraccións estacional de Galicia, actividade organizada pola institución provincial durante a época do Nadal.

Esta liña de autobuses sairá regularmente desde a parada do Parque de San Lázaro (na rúa Juan XXIII) ata o Pazo dos Deportes “Paco Paz”, onde está instalado o parque de atraccións, facendo as paradas habituais do percorrido. O horario de saída do autobús desde o Parque de San Lázaro será, en horario de mañá, ás 10.30, 11.30, 12.30 e 13.30 horas e, pola tarde, ás 16.30, 17.30, 18.30, e 19.30 horas. Os horarios de regreso desde “Pazolandia” serán, pola mañá, ás 11.00, 12.00, 13.00 e 14.00 horas e, pola tarde, ás 17.00, 18.00, 19.00 e ás 20.00 horas.

Pazolandia”, referente do ocio infantil navideño, ofrece nesta 27 edición, máis de 100 propostas de ocio para nenos e mozos, repartidas en 8.000 metros cadrados no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. Serán 9 días e un total de 17 sesións, repartidas entre o 26 de decembro e o 4 de xaneiro, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas (exceptuando o 31 de decembro –pechado todo o día- e o 1 de xaneiro –pechado pola mañá). As entradas pódense adquirir nas taquillas do recinto e tamén por Internet na páxina www.pazolandia.es.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar