Afundación acolle a IV Gala Internacional de Ilusionismo Galicia Magic Fest en Vigo e Pontevedra

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará nas cidades de Vigo e Pontevedra a IV edición da Gala Internacional de Ilusionismo Galicia Magic Fest. Este espectáculo de maxia poderase ver o xoves 26 e o venres 27 de decembro, con dúas funcións cada día, ás 18.30 e ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo, e o domingo 29 de decembro, tamén con funcións ás 18.30 e ás 20.30 h, no Auditorio da Sede Afundación de Pontevedra. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

IV GALA INTERNACIONAL DE ILUSIONISMO GALICIA MAGIC FEST

Tras o éxito de crítica e público das edicións anteriores, volve o espectáculo máis máxico deste Nadal con algúns dos mellores e máis premiados ilusionistas do mundo. Durante unha hora e cuarto os asistentes poderán ver en directo os números máis sorprendentes da arte da maxia. Como cada ano o ilusionista galego Pedro Volta presenta, dirixe e produce este espectáculo único.

Nesta nova edición os artistas invitados serán, procedentes desde Francia e Rusia, o dúo Lazer Wizards coa súa performarce con raios láser; desde Cataluña, Mag Marín, campión da primeira edición do programa Pura magia de TVE e Premio Nacional de Maxia; desde Italia, Shezan, cun acto único co que foi premiado no Fism Italy 2015 World Magic Championship of Magic. Tamén participará o galego Dani Polo, finalista do programa Pura magia de TVE e, finalmente, Norbert Ferré desde Francia, premio Fism La Haya 2003 Grand Prix World Championship of Magic.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar