185 viños do Ribeiro distinguidos con medallas

Ribadavia, 16 de decembro de 2019. Un total de 185 viños da D.O. Ribeiro, de 66 adegas distintas, resultaron como distinguidos pola Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2020, do sumiller, docente e catador, Luis Paadín e editada por Paadín Eventos. 18 acadaron medalla de Gran Ouro, 121 medalla de Ouro e 46 foron distinguidos con medalla de Prata.

A presentación da guía realizouse na sede do Consello Regulador, en Ribadavia, da man dos propios autores da publicación, Luis e Alejandro Paadín, e do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares. Este último comentou que “este incremento nas distincións é unha recompensa enorme ao bo facer das adegas e viticultores da Denominación de Orixe”.

Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia 2020

É o oitavo ano consecutivo que esta Guía se edita polo sistema de micro-mecenazgo que, nesta edición con máis de 200 mecenas, non admite publicidade de adegas nin de marcas a fin de conservar a independencia coa que foi concibida.

Nesta edición de 2020 aparecen máis de 1.000 notas de cata, coa totalidade das adegas e destilerías de Galicia amparadas referenciadas.

Esta Guía de Vinos de Galicia logrou posicionarse  como un referente no panorama vitivinícola nacional e internacional, así o acreditan o IWC Merchant Awards 2019 distinguíndoa como Mellor Guía de Viños, os Gourmand Awards na categoría de Premio Espacial do Xurado galardoándoa como Mellor Libro de Bebidas do Mundo 2017 ou sendo valorada como Mellor Libro de Viño e Turismo de España 2013.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar