Teo:O PP, contra a restauración da canteira de Casalonga

Cada día que pasa Lemus mantén abertas de par en par as portas do Concello a Toysal. Os populares explican que o inicio dos trámites para a modificación do PXOM paralizaría a aprobación do plan de restauración. Este feito cumpriría unha das grandes demandas da veciñanza.

Toda licencia pendente de ser aprobada queda suspendida no momento en que se inicia unha modificación do PXOM. Considerando que se está a tramitar administrativamente a realización dun novo plan de restauración nestes momentos que, por conseguite, está pendente de ser aprobado, o inicio dos trámites para a modificación do PXOM levaría a suspender calquera licencia da zona afectada.

Tendo en consideración estas cuestións, dende o PP de Teo urxen ao executivo local a que inicie de inmediato a modificación á que se comprometeron hai dez meses perante unha moción presentada polo seu grupo municipal. 

A táctica de Uxía Lemus dende a chegada de Toysal a Casalonga foi sempre a mesma: non levar a cabo ningunha iniciativa lexislativa no ámbito das súas competencias e botarlle a culpa de todo aos demáis. Mais, para os populares, “o tempo extra da señora Lemus rematou; remataron as excusas de mal pagador e cada minuto que pasa é un minuto que perdemos toda a veciñanza”.

Guerra considera que este feito é “gravísimo” e delata as súas verdadeiras intencións partidistas e electoralistas, coa mirada posta en Feijoo e non en Casalonga. 

INTERESES ELECTORAIS POR RIBA DOS VECIÑAIS

Para o lider popular teense “somos conscientes de que a modificación dun PXOM crea desgaste polas inxentes xestións que xenera en moitas ocasións coa veciñanza, mais ese non pode ser un motivo para non iniciar a súa modificación. Uxía Lemus non pode poñer os seus intereses partidistas e mesmo electorais por riba do interese xeral e, moito menos, por riba dos intereses e preocupación da veciñanza de Casalonga.

O grupo municipal popular amosa “o seu pechado apoio a unha modificación do PXOM no momento en que Lemus estime oportuno iniciala. O futuro de Casalonga pasa pola modificación do Plan, e non o di o grupo popular, o dixo a propia concelleira de urbanismo en numerosas ocasións”, recordan os concelleiros populares.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar